Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

FESTA FIN DE CURSO- VENRES 19 XUÑO

FESTA FIN DE CURSO- VENRES 19 XUÑO

Dende a ANPA "O Piñeiro" queremos convidarvos á FESTA DE FIN DE CURSO, que se realizará o VENRES 19 DE XUÑO DE 17 A 20 HS. no propio colexio. Teremos inchables, carreiras de coches, xogos con monitores especializados, música, merenda, churrasco, actuación das alumnas da actividade extraescolar "Baile moderno",... A entrada á festa será libre para todos os rapaces e rapazas do colexio, ainda que para sufragar os custos das atraccións, monitores, etc., se solicitará un donativo de 5€ por neno/a, asumindo a ANPA o donativo dos seus socios/as, os cais non deberán desembolsar importe algún.

Estaríamos encantados de que aqueles pais e nais que o desexen colaboren connosco, xa sexa no propio desenrolo e organización da festa como na aportación dalgún tipo de alimento para a merenda dos nenos (biscoitos, galletas, empanada, tortilla, etc.).

Asimesmo queremos lembrar que durante a mañá do derradeiro día do curso escolar (o venres 19 de xuño) a ANPA "O Piñeiro", como cada ano, repartirá entre todo o alumnado uns xeados como despedida.

Recibide un agarimoso saúdo.

0 comentarios