Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

“Os tres porquiños” regresa a Vilagarcía a petición do público, tras o éxito da primeira representación

“Os tres porquiños” regresa a Vilagarcía a petición do público, tras o éxito da primeira representación

“Os tres porquiños” despedíronse de Vilagarcía o pasado mes de novembro deixando un moi bo sabor de boca ao público que encheu o Auditorio para gozar da súa estrea na cidade e con moitas ganas de poder facelo a aqueles que non puideron conseguir entrada para a función. Por iso, a compañía viguesa Educa Teatro decidiu volver ao Auditorio da capital arousá para cumprir co seu público. A función representarase o domingo, 12 de abril, a parir das 18:00 horas e a entrada custa 6 euros.

“Os Tres Porquiños” que trae Educa Teatro é unha versión galeguizada do conto popular, pero adaptado aos tempos que corren. O toque especial que lle da a compañía viguesa vén dado pola introdución dun personaxe novo, un explorador narrador, temas musicais educativos e un final alternativo con sorpresa. 

O espectáculo está pensado para nenos e nenas de a partir de 2 anos. É un espectáculo musical representado por bonecos de tamaño real que conta co cinco actores en escena máis os técnicos. A obra ten unha duración de 50 minutos nos que, ademais de entreter e facer pasar un rato moi divertido a nenos e adultos, tamén ten unha finalidade educativa, de aí que a adaptación de EducaTeatro ademais de dinamizar inclúa cancións didácticas (muiñeira incluída) para que os nenos aprendan as cores ou saiban identificar aos animais polas onomatopeias dos sons que emiten por poñer dous exemplos. Todos son temas orixinais, compostos exclusivamente para esta montaxe.

O Porquiño Maior visitará esta semana os colexios para presentarse aos nenos e nenas da cidade e o domingo, despois da función, todos os protagonistas da obra prestaranse a sacar fotos co público que o desexe no fotocol que se instalará no corredor do Auditorio.

As entradas xa están á venta ao prezo único de 6 euros. Pódense comprar anticipadamente a través de http://www.servinova.es , e da billeteira telefónica 902504500 (en ámbolos dous casos máis gastos de xestión); e tamén se poderán adquirir o mesmo día da función, no Auditorio a partir das 16:00 horas.

Concello Vilagarcía

0 comentarios