Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Xuventude organiza unha Ludoteca de Nadal gratuíta para nenos de entre 3 a 7 anos

Xuventude organiza unha Ludoteca de Nadal gratuíta para nenos de entre 3 a 7 anos

A Concellería de Xuventude organiza unha actividade de ocio e conciliación de cara ás vacacións escolares de Nadal. Trátase dunha ludoteca de carácter gratuíto destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade. Ofértanse 30 prazas e o prazo de solicitude ábrese o luns, 1 de decembro.

 A ludoteca desenvolverase polas mañás no Auditorio Municipal os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e os 2 e 5 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas. As actividades a desenvolver inclúen obradoiros artístico-creativos, manualidades, xogos guiados e libres. Os asistentes realizarán manualidades e adornos de Nadal, un belén, asistirán a contacontos e farán teatro, realizarán xogos predeportivos, practicarán a expresión musical e corporal mediante a interpretación de panxoliñas e música e xogos tradicionais. Tamén confeccionarán agasallos de Nadal, escribirán as súas cartas a Papa Noel e aos Reis magos, pintarán e participarán nas festas de Fin de Ano e de Reis.

Para o desenvolvemento das actividades, a ludoteca organizarase en tres grupos en función das idades dos participantes. Un grupo de 3 anos, outro con nenos e 4 e 5 e outro cos de 6 e 7 anos.

As familias interesadas poden consultar as bases da Ludoteca de Nadal no taboleiro de anuncios da web municipal, dende onde tamén poderán imprimir a solicitude de inscrición. Esta deberá presentarse do 1 ao 13 de decembro no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumprimentada e coa documentación que se especifica nas bases. O horario de Rexistro é de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas e de 17 a 20 horas; e os sábados de 10 a 13 horas.

A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición e a listaxe de admitidos publicarase o 18 de decembro, ao igual que a lista de agarda de habela.

 Descargar PDF

 

Fuente:Concello Vilagarcía

0 comentarios