Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

As actividades Multideportivas de Verán comezan o 1 de xullo nas praias e a de Patinaxe en Liña no Arealonga

As actividades Multideportivas de Verán comezan o 1 de xullo nas praias e a de Patinaxe en Liña no Arealonga

A Fundación de Deportes volve a organizar este ano a Escola Multideportiva de Verán e a de Patinaxe en Liña co obxecto de que nenos e mozos de entre 7 e 14 anos (nados entre os anos 1999 e 2006) teñan a oportunidade de realizar actividades físicas durante as vacacións escolares e tamén de coñecer a práctica de diversas modalidades deportivas. As actividades da Escola de Verán desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto nas praias da Concha e a Compostela e no Parque do Cavadelo. Comezan o 1 de xullo e os interesados poden inscribirse nas oficinas da Fundación.

As actividades que se impartirán na Escola Multideportiva de Verán inclúen algunhas das que xa se imparten en inverno e que se poden adaptar á praia, como fútbol, volei, baloncesto ou béisbol, rugby, palas e freesbe, ás que se engaden outras máis axeitadas para practicar en verán, como piragüismo que se desenvolverán nunha zona acotada da praia. Tamén se realizarán xogos de cooperación. Todas estas celebraranse nas praias da Concha e Compostela. Dous días á semana en sesións de hora e media.

A actividade de Patinaxe en lixa celebrarase un día á semana nas instalacións do CEIP Arealonga e cada sesión terá unha duración de hora e media.

Cotas, gratuidade e bonificacións
Os usuarios teñen a opción de participar de xeito independente na Escola Multideportiva ou na actividade de Patinaxe, pero tamén poderán inscribirse en ámbalas dúas, sendo o custe o mesmo en ambos casos. Tamén poden optar por anotarse só un mes (cunha cota de 12 euros) ou os dous (cun prezo de 18 euros). Os titulares do carné da Fundación están exentos do pago, e poderán participar de xeito gratuíto os nenos de familias cuxos ingresos brutos foran inferiores aos 1.000 euros brutos o mes anterior á inscrición. Tamén hai bonificacións do 25% da cota para as familias numerosas.

As persoas interesadas en participar na Escola Multideportiva deben cubrir o formulario que poden recoller nas oficinas da Fundación, no Concello, ou imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal. O impreso entregarase na Fundación dentro do prazo establecido e en horario de 8.30 da mañá á 14:30 da tarde. 

Fuente:www.vilagarcia.com

0 comentarios