Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

EXCURSIONES

EXCURSIÓNS ANPA 2019 - PARQUE ACUÁTICO AMARANTE E ONS

EXCURSIÓNS ANPA 2019 - PARQUE ACUÁTICO AMARANTE E ONS

 

     Este fin de curso temos dúas excursións programadas. As dúas son gratuitas para SOCIOS (nenos, irmáns e pais), mais é necesario que se apunten (só os socios) depositando a ficha correspondente no buzón da Anpa ANTES DO  MÉRCORES 15 DE MAIO, xa que ambas teñen prazas limitadas. As prazas se cubrirán por orde de recepción de solicitudes.

 

    Se quedan prazas sen cubrir, procederáse a sacalas á venda aos NON SOCIOS, avisando delo vía Facebook e nos tablóns de anuncios do cole.  A data de cobro para eles será o luns 20 DE MAIO de 9:30 a 10 hs por orde de chegada ata completar aforo. Deben aportar nome, apelidos, número de DNI e data de nacemento de cada un, por esixencia das administracións correspondentes.

 

    Pedímosvos que unha vez anotados, se por algún imprevisto non podedes acudir, avisedes a calquera membro da directiva, ou ben vía correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org , ou por privado ao noso Facebook Anpa Piñeiro do CEIP Piñeiriño, por se houbese lista de espera.

    Todos os nenos irán acompañados por algún adulto que se responsabilice deles!!!

 

1) Domingo 9 de xuño: Excursión á Illa de Ons. A travesía dura uns 45 minutos.

    SAÍDA: ás 10 hs. do peirao de PORTONOVO.  Hai que estar presentes 15 minutos antes.

    REGRESO: saída de Ons ás 19:30 hs.

 

    No caso de que sobren prazas para NON SOCIOS, o prezo para eles será de 5€ os nenos (ata 12 anos) e de 10€ os adultos (de 13 anos en diante). 

    A excursión inclúe o traslado en catamarán Portonovo-Ons-Portonovo. En caso de mal tempo, a excursión poderá ser anulada, xa que non nos garantizan outra data para aplazala.

 

2) Sábado 15 de xuño: Excursión ao Parque acuático de Amarante (Portugal).

    SAÍDA DO COLEXIO ás 10 hs. Hai que estar presentes 15 minutos antes. A viaxe dura dúas horas e media aproximadamente.

    REGRESO: sáese do parque ás 20 hs. (hora española). 

 

    No caso de que sobren prazas para NON SOCIOS, o prezo para eles será de 7€ os nenos (ata 11 anos) e de 15€ os adultos (a partir de 12 anos). 

    A excursión inclúe o desprazamento en autobús e a entrada ao parque acuático.

    Para comer, o recinto conta con bares de comida rápida e zona verde para pic-nic se preferides levar a comida. As normas do parque non permiten a entrada de coitelos metálicos nin envases ou vasos de vidro, así como de sombrillas,  cortaventos, colchonetas, balóns ou cadeiras. Proporcionan a posibilidade de alugar sombrillas e tumbonas a 2€.

    En caso de mal tempo, a excursión poderá ser aplazada. Avisaríamos da nova data polos cauces habituias. 

    Un saúdo.

    A xunta directiva da ANPA.

 

---------------------------------------------------------  RECORTAR    --------------------------------------------------------

 

NENO/S SOCIO/S

Nome e apelidos:                                                        Data nacemento:                  Curso/clase:

Nome e apelidos:                                                        Data nacemento:                  Curso/clase:

 

ACOMPAÑANTES

Nome/apelidos:                                                      DNI:                Data nac.:             Parentesco:

Nome/apelidos:                                                      DNI:                Data nac.:             Parentesco:

Nome/apelidos:                                                      DNI:                Data nac.:             Parentesco:

 

TELÉFONOS DE CONTACTO:____________________________ 

 

(Marcar a/s excursión/s á/s que se apuntan)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Andaina Marismas e Salinas de Ulló

Andaina Marismas e Salinas de Ulló


    Dende a ANPA “O Piñeiro” convidámosvos a visitar xuntos as marismas e as Salinas de Ulló no concello de Vilaboa, o domingo 16 de outubro. Alí levaremos a cabo unha visita guiada, onde nos ensinarán os restos arquitectónicos e naturais que se conservan da actividade de explotación de ditas salinas entre os séculos XVII e XIX.     Os que saibades onde queda, podedes aparecer alí directamente ás 11.15 hs. Os que non, xuntarémonos no colexio O Piñeiriño (cada cal no seu coche particular) para saír puntualmente ás 10.30 hs.    Como a actividade guiada, ainda que é de balde, ten un límite de 50 prazas, precisamos que vos apuntedes, única e exclusivamente, enviando un correo electrónico á nosa dirección: anpa.opineiro@nontedurmas.org onde se faga constar nome e número de teléfono da persoa solicitante, número de adultos e de nenos que participan.          Confirmaremos a admisión respostando ao mesmo e-mail, xa que a adxudicación de praza farase por orde de inscrición.    Agardamos os vosos mails.    Xunta directiva da ANPA.

EXCURSIÓN ILLAS CíES 2016

EXCURSIÓN ILLAS CíES 2016 Un ano máis queremos convidarvos á vindeira actividade que dende a ANPA O Piñeiro imos organizar este curso. Trátase dunha EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES e terá lugar o DOMINGO 19 DE XUÑO.
Dita excursión será GRATUITA PARA @S NEN@S SOCI@S DA ANPA, OS SEUS IRMÁNS E DÚAS PERSOAS ADULTAS POR FAMILIA, aínda que terán que confirmar a súa reserva de praza cubrindo a ficha que aparece máis abaixo e depositándoa antes do venres 10 na urna que estará colocada na entrada do colexio. Cada día vaciarémola para facer reconto, xa que no caso de que houbese máis interesad@s que prazas dispoñibles, o acceso será por orde de inscrición.
Se quedasen prazas libres abriráse a inscrición @s NON SOCI@S E A FAMILIARES E AMIG@S D@S SOCI@S. Neste caso o prezo da viaxe será de 15€ por persoa (de balde para @s menores de 1 ano).
Para formalizar o pago e enterarse de se quedaron ou non prazas sen cubrir, deberánse achegar ao colexio (porche de entrada de Ed. Infantil) o día luns 13 de xuño ás 9.30 hs. As anotacións e pagos faránse por estricta orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles.
No caso de adversidade meteorolóxica intentaráse establecer unha data alternativa, do cal se avisará mediante aviso colgado no taboleiro da ANPA do cole, no noso blogue (anpaopineiro.blogia.com) e no Facebook (Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño). Só se devolverán os cartos en caso de anulación da excursión por non ter posibilidade de trocar a data.
O barco sairá do Peirao de Portonovo, tendo cada viaxeir@ que chegar ata alí no seu medio particular de transporte. A hora de embarque será ás 8.50 hs. O regreso está previsto para as 18.45 hs. (hora na que sairá das Cíes). A duración estimada da travesía é de unha hora.
Pregamos @s soci@s da ANPA que SÓ SE APUNTEN NO CASO DE ESTAR SEGUROS DE ACUDIR, xa que así facilitaremos que @s que non sexan soci@s e queiran ir, poidan facelo. Asemade, no hipotético caso de que no derradeiro momento non puidese acudir un/a soci@ que xa se apuntara, pedimos que o faga saber (en persoa a algún membro da directiva, a través de e-mail a anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no noso facebook para avisar a posibles viaxeir@s que quedasen anotad@s en lista de agarda.
Para poder viaxar ás Cíes é TOTALMENTE IMPRESCINDIBLE que nos facilitedes os nomes e apelidos de tod@s @s viaxeir@s e os seus DNI. No caso de que por ser menor de 14 anos o/a menor non posúa DNI, facede constar o do pai ou nai.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INSCRICIÓN EXCURSIÓN ILLAS CÍES
NOMES, APELIDOS e DNI D@S NEN@S:



NOMES, APELIDOS E DNI D@S ADULT@S (ata dous):



TELÉFONO: E-MAIL:

ANDAINA DOMINGO 15 NOVEMBRO 2015-Ruta da pedra e da Auga

ANDAINA DOMINGO 15 NOVEMBRO 2015-Ruta da pedra e da Auga

ANDAINA pola Ruta da Pedra e da Auga. A mesma terá lugar este domingo 15 de novembro. O obxectivo da mesma é compartir entre as familias do noso cole (socias da ANPA ou non) unha xornada en contacto coa natureza. Para elo, organizarémonos da seguinte maneira:


10.00 hs.: Xuntarémonos no colexio O Piñeiriño. Cada un irá no seu medio de transporte particular.

10.15 hs.: Saída.

10.45 hs.: Chegada ao merendeiro próximo á Aldea de Pedra.

11.00 hs. aprox.: Comezamos  a ruta a pé cara á Armenteira, ida e volta.

13.00-13.30 hs. aprox.:Chegamos ao noso destino, onde xantaremos na área recreativa.

Cada un levará a súa comida e bebida.Non hai establecida unha hora de regreso, cada quen voltará cando o estime oportuno.
  Aqueles que non queiran facer a ruta pero lles apeteza xantar con todos, poden unirse acudindo directamente ao merendeiro, tendo en conta o horario aproximado no que temos previsto chegar alí.  ´

Ánimamos a todos a participar!!!!                                                                      

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2015 ILLAS CÍES

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2015 ILLAS CÍES

Queremos convidarvos a todos á vindeira actividade que dende a ANPA O Piñeiro imos organizar este curso escolar. Trátase dunha EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES e terá lugar o DOMINGO 7 DE XUÑO.

Dita excursión será GRATUITA PARA @S NEN@S SOCI@S DA ANPA, OS SEUS IRMÁNS E DÚAS PERSOAS ADULTAS POR FAMILIA, ainda que terán que confirmar a súa reserva de praza cubrindo a ficha que aparece máis abaixo e depositándoa antes do venres 29 de maio na urna que estará colocada na entrada do colexio. Cada día vaciarémola para facer reconto e terán preferencia aqueles que antes a depositaran, en caso de que houbese máis interesados que prazas dispoñibles.

No caso de que quedaran prazas libres abriráse a inscrición @s NON SOCI@S E A FAMILIARES E AMIG@S D@S SOCI@S. Neste caso o prezo da viaxe será de 15€ por persoa (os menores de 3 anos non pagan).

Para formalizar o pago e enterarse de se quedan ou non prazas valeiras, deberán achegarse ao colexio (porche de entrada de Ed. Infantil) o día luns 1 de xuño en horario de 9.30 hs. a 10 hs. As anotacións e pagos faránse por estricta orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles.

No caso de adversidade meteorolóxica intentaráse establecer unha data alternativa, do cal notificaríamos a todos os viaxeiros mediante aviso colgado no tablón da ANPA do cole, no noso blogue (anpaopineiro.blogia.com) e no Facebook (Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño). Só se devolverán os cartos en caso de anulación da excursión por non ter posibilidades de trocar a data.

O barco sairá do Peirao de Portonovo (a carón da lonxa), tendo cada viaxeiro que chegar ata alí no seu medio particular de transporte. A hora de embarque será ás 8.45 hs. O regreso está previsto para as 18.45 hs. (hora na que sairá de Cíes). A duración estimada da travesía é de unha hora.

Pregamos @s soci@s da ANPA que SÓ SE APUNTEN NO CASO DE ESTAR SEGUROS DE ACUDIR, xa que así facilitaremos que @s que non sexan soci@s e queiran ir, poidan facelo. Asemade, no hipotético caso de que no derradeiro momento non puidese acudir un/a soci@ que xa se apuntara, pedimos que no-lo faga saber (en persoa, a través de e-mail a anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no noso facebook para avisar a posibles viaxeiros que quedasen anotados en lista de agarda.

Para poder viaxar a Cíes é TOTALMENTE IMPRESCINDIBLE que nos facilitedes os nomes e apelidos de tod@s @s viaxeir@s e os seus D.N.I.s. No caso de que por ser menor de 14 anos o/a menor non posúa DNI, facede constar o do seu pai ou nai.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRIPCIÓN EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

NOMES E APELIDOS DOS NENOS/AS E DNIs SE É O CASO:

 

NOMES, APELIDOS E DNIs DOS ADULTOS (ata dous):

 

 

TELÉFONO: E-MAIL:

 

 

ANDAINA PONTEARNELAS ATA PONTE DE BARRANTES

ANDAINA PONTEARNELAS ATA PONTE DE BARRANTES

Dende a ANPA O Piñeiro queremos propoñervos unha andaina que percorrerá dende Pontearnelas ata a Ponte de Barrantes, incluida na Senda fluvial do Río Umia. A mesma terá lugar o domingo 17 de maio. O obxectivo da mesma é compartir entre as familias do noso colexio unha xornada en contacto coa natureza. Para elo, organizarémonos da seguinte maneira (salvo a saída dende colexio, o resto de horarios son orientativos):

 

10.30 hs.: Xuntarémonos no colexio O Piñeiriño. Cada un irá no seu medio de transporte particular.

10.45 hs.: Saída.

11.15 hs.: Chegada á Ponte de Barrantes (previa parada en Pontearnelas para que baixen os nen@s e as persoas adultas que non vaian como conductores). Deixaremos os coches aparcados, agás algúns que levarán aos conductores ata Pontearnelas de volta.

11.45 hs.: Comezaremos a ruta a pé.

13.15 hs.: Chegaremos ao noso destino, onde hai unha zona recreativa para poder xantar ao aire libre. A comida corre por conta de cada quen.

Non hai establecida unha hora de regreso conxunta, cada un voltará cando estime oportuno.

Aqueles que non queiran facer a ruta pero lles apeteza xantar con todos, poden unirse chegando directamente á Ponte de Barrantes.

¡Agardamos que vos animedes!                   

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES-Domingo 15 de xuño

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES-Domingo 15 de xuño

A excursión será GRATUITA PARA OS/AS NENOS/AS SOCIOS/AS DA ANPA, OS SEUS IRMÁNS E DÚAS PERSOAS ADULTAS POR FAMILIA, ainda que terán que confirmar a súa reserva de praza cubrindo a ficha que aparece máis abaixo e depositándoa na urna que estará colocada na entrada do colexio a tal efecto antes do 6 de xuño.

No caso de que quedaran prazas libres abriráse a inscripción aos NON SOCIOS/AS E A FAMILIARES E AMIGOS DE SOCIOS/AS. Neste caso o prezo da viaxe será de 15€ por persoa (os menores de 3 anos non pagan).

Para formalizar o pago e enterarse de se quedan ou non prazas valeiras, deberán achegarse ao colexio (porche de entrada de Ed. Infantil) o día luns 9 de xuño en horario de 9.30 hs. a 10 hs. As anotacións se farán por estricta orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles.

No caso de adversidade meteorolóxica intentaráse establecer unha data alternativa, do cal avisaríamos a todos os viaxeiros mediante correo electrónico, no tablón da ANPA do cole, no noso blogue (anpaopineiro.blogia.com) e no Facebook (Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño). Só se devolverán os cartos en caso de anulación da excursión por non ter posibilidades de trocar a data.

O barco sairá do Peirao de Portonovo (a carón da lonxa), tendo cada viaxeiro que chegar alí no seu medio particular de transporte. A hora de embarque será ás 9.15 hs. O regreso está previsto para as 18.45 hs. (hora en que sairá de Cíes). A duración estimada da travesía é de pouco máis dunha hora.

Pregamos aos socios da ANPA que SÓ SE APUNTEN NO CASO DE ESTAR SEGUROS DE ACUDIR, xa que así facilitaremos que os que non sexan socios e queiran ir poidan facelo. Asemade, no hipotético caso de que no último momento non puidese acudir un socio que xa se apuntara, pedimos que no-lo faga saber (en persoa, a través de e-mail a anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no Facebook) para avisar a posibles viaxeiros que quedasen anotados en lista de agarda.

Para poder viaxar a Cíes é TOTALMENTE IMPRESCINDIBLE que nos facilitedes os nomes e apelidos de todos os viaxeiros e os D.N.I.s de todos aqueles maiores de 14 anos.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRIPCIÓN EXCURSIÓN DAS ILLAS CÍES

NOMES E APELIDOS DOS NENOS/AS E DNIs SE É O CASO:

  

NOMES, APELIDOS E DNIs DOS ADULTOS (ata dous):

  

TELÉFONO: E-MAIL:

 

 

RUTA DE SENDERISMO ALDEA DE PEDRA

RUTA DE SENDERISMO ALDEA DE PEDRA

O vindeiro domingo 18 de maio, levaremos a cabo unha ruta de senderismo dende o Monasterio de Armenteira ata a Aldea de Pedra, incluida na Ruta da Pedra e da Auga. O obxectivo da mesma é compartir entre as familias do noso cole (socias da ANPA ou non) unha xornada en contacto coa natureza. Para elo, organizarémonos da seguinte maneira:

 

  9.30 hs.: Xuntarémonos no colexio O Piñeiriño. Cada un irá no seu medio de transporte particular.

  9.45 hs.: Saída.

10.15 hs.: Chegada á Armenteira. Deixamos aparcados os nosos coches.

10.30 hs.: Comenzamos  a ruta a pé.

12-12.30 hs.:Chegamos ao noso destino, onde compartiremos un rato de xogos populares. Mentres, faránse viaxes nalgúns vehículos particulares para ir buscar aqueles que quedaran aparcados e achegalos á Aldea de Pedra.

13.30 hs. (aprox.): Xantar. Cada un levará a súa comida e bebida.

Non hai establecida unha hora de regreso, cada un voltará cando estime oportuno.

 

           Aqueles que non queiran facer a ruta pero lles apeteza acudir a xantar con todos, poden unirse chegando directamente á Aldea de Pedra, tendo en conta o horario aproximado no que temos previsto chegar alí.

           Para mellor previsión por parte da organización, agradeceriamos nos confirmedes a vosa participación depositando o seguinte impreso cuberto na nosa urna que atoparedes a tal efecto na entrada do colexio ata o martes 13 de maio.  En caso de xurdir algunha novidade en relación coa saída poríamos en contacto con vós, polo que pregamos que nos facilitedes algún tipo de contacto.

          ¡Agardamos que vos animedes!

          Un saúdo.

          Xunta Directiva da ANPA O Piñeiro.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRIPCIÓN NA RUTA DE SENDERISMO.

Nome dun responsable da familia:

Nº adultos que acudirán:

Nº nenos/as que acudirán:

Tfno. de contacto:

Correo electrónico:

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ILLA DE ONS 2013

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ILLA DE ONS 2013

 

O vindeiro día 23 de xuño (domingo), levaremos a cabo unha excursión á Illa de Ons con saída dende Vilagarcía. O itinerario é o seguinte:

 

-  Saída dende o Porto Deportivo de Vilagarcía ás 09:15 horas.

-  Saída de Ons ás 18:30 horas.

 

 Cada familia poderá levar a súa comida ou comer nos restaurantes que hai alí.

 

 Os prezos da excursión son os seguintes:

 

- SOCIOS ANPA (nen@s,pais e irmáns) : 6 € / persoa

- NON SOCIOS ANPA: 16 €/persoa

   Nenos menores de 3 anos*gratis*

 

PRAZOS E FORMAS DE PAGO:

 

No cole, os días luns 17,martes 18 e mércores 19  en horario de 9:30-10:00 e de 14:00 a 14:30.

 

Máximo 200 prazas- Excursión aberta para todos , hasta completar prazas con preferencia para os socios.

Deberán traer cuberta a ficha adxunta cos datos dos asistentes e entregaráselle un recibo que terán que presentar o día da excursión para acceder ao barco.

Si a excursión fora suspendida por mal tempo devolveránse os cartos en setembro ao comenzo do curso.

Unha vez pagada a excursión, os que non asistan non se lles devolverán os cartos.

Para calquera aclaración poñerse en contacto a través do noso email:anpa.opineiro@nontedurmas.org ,o con calquera dos membros da xunta directiva.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

                           FICHA ASISTENCIA EXCURSIÓN ILLA ONS 2013

 

NOME ALUMN@: ………………..………………………………………………………………………………………..

 

CURSO: ……………….. TELEFONO CONTACTO:……………………………………………………………….

 

SI SOCIO ……………….. NO SOCIO ………….

 

VIAXEIRO: …………………………………………..…………………………………………………………………………

VIAXEIRO: ..……………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO: ………………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO:………………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO:………………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO:……………………………………………………………………………………………………………………..

ROMERÍA LETRAS GALEGAS 2013

EXCURSIÓN ANPA ILLA DE ONS 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A ILLA DE ONS 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A ILLA DE ONS 2012

 

Lembrade que o prazo para pagar a excursión a Ons do vindeiro día 24,remata este venres día 15.

Deixade a ficha de inscripción na furna do colexio,previo ingreso na conta da Anpa de Caixanova.

 

Informarvos que neste momento xa hai máis da metade das prazas cubertas.

 

Non quedes sen praza.Non esperes ó último día.

 

SOCIOS: 6 €/persoa (pais,e irmáns)

NON SOCIOS: 15 €/persoa

 

Os menores de 3 anos non pagan

Un poco tarde,pero aquí deixamos as fotos da Romería de este ano.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A ILLA DE ONS 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A ILLA DE ONS 2012

O vindeiro día 24 de xuño (domingo), levaremos a cabo unha excursión á Illa de Ons con saída dende Vilagarcía. O itinerario é o seguinte:

 

-  Saída dende o Porto Deportivo de Vilagarcía ás 09:15 horas.

-  Saída de Ons ás 18:30 horas.

 

Cada familia poderá levar a súa comida ou comer nos restaurantes que hai alí.

Os prezos son os seguintes:

 

- SOCIOS ANPA (nen@s,pais e irmáns) : 6 € / persoa

 

- NON SOCIOS ANPA: 15 €/persoa

 

PRAZOS E FORMAS DE PAGO:

 

No cole, únicamente o día luns 11 en horario de 9:30-10:00 e de 14:00 a 14:30

Despois de ese día solo se aceptarán pagos mediante ingreso na conta da Anpa:

( Caixanova As Carolinas), sendo o último día de pago o día 15.

No momento de facer o ingreso deberán indicar o nome e apelidos do alumno así como o curso.

Máximo 200 plazas

Deberán traer cuberta a ficha adxunta cos datos dos asistentes e entregaráselle un recibo que terán que presentar o día da excursión para acceder ao barco.

Si a excursión fora suspendida por mal tempo devolveránse os cartos en setembro ao comenzo do curso.

Unha vez pagada a excursión, os que non asistan non se lles devolverán os cartos.

Para calquera aclaración poñerse en contacto a través do noso email: anpa.opineiro@nontedurmas.org ,o con calquera dos membros da xunta directiva.

                           FICHA ASISTENCIA EXCURSIÓN ILLA ONS 2012

NOME ALUMN@: ……………………………………………………………………………………………………………………………………..

CURSO: ……………….. TELEFONO CONTACTO:……………………………………………………………….

SI SOCIO ……………….. NO SOCIO ………….

VIAXEIRO: …………………………………………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO: …………………………………………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO: …………………………………………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO:…………………………………………………………………………………………………………………………………………………

VIAXEIRO:…………………………………………………………………………………………………………………………………………………

 

ROMERIA 2010

Este año como en ocasiones anteriores hemos ido de romería.Los profesores han organizado un montón de juegos tradicionales.Al final de la mañana... Recompensa "Bocata de chorizo".

EXCURSIÓN ILLA DE ONS 2009

Que ben o pasamos, que bo día tivemos..........

NAVIDADES 2009

Esperamos que os guste,recordar lo bien que lo pasamos las navidades pasadas. Este año lo vamos a pasar mucho mejor. Ser buenos que ya falta poco, para la llegada de los reyes magos.