Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

ELECCIÓNS A ANPA O PIÑEIRO

ELECCIÓNS A ANPA O PIÑEIRO

Estimadas familias:

O día 2 de outubro celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA, na que se anunciou a dimisión da xunta directiva actual, debido ao longo tempo que levamos nela a maioría dos membros e a necesidade que temos de descansar das responsabilidades que acarrea pertencer a ela. Ademáis, estamos convencidos de que toda asociación debe ir renovando as súas directivas cíclicamente.

No caso de dimisión de máis da metade dos membros, é necesario convocar eleccións, o cal se aprobou en dita asamblea, nomeándose a Juan A. García como presidente da mesa electoral e a Ana Rivas como secretaria da mesma.

Pódense presentar como candidatos, os pais, nais e tutores legais SOCIOS da ANPA, é dicir, que estean ao corrente da cuota do curso 2019-2020 antes do día 8 de outubro. Os cargos aos que se opta son: Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e Vocal.

O calendario electoral é o seguinte:

- Exposición do censo electoral no taboleiro do colexio: 9 de outubro. Todos os pais, nais e tutores legais SOCIOS poden votar e presentar candidatura.

- Presentación de candidaturas: dende o 10 ata o 15 de outubro (ambos incluidos). Os candidatos deberán depositar no BUZÓN da ANPA un papel co seu nome, número de teléfono, N.º de DNI, CARGO ao que se presenta e nome do/s neno/s que ten matriculado/s no CEIP O Piñeiriño. Tamén pódese enviar un correo a: anpa.opineiro@nontedurmas.org.

- Exposición dos nomes dos candidatos no taboleiro do colexio: 17 de outubro.

- Periodo de reclamacións: 18 de outubro (se alguén ten algún tipo de reclamación, ten que facela chegar a través do buzón da ANPA ou por correo electrónico ao longo dese día).

- Martes 22 de outubro ás 18:15 hs no salón de actos: Asamblea Xeral Extraordinaria co único punto da orde do día: “Eleccións á Xunta directiva da ANPA”.

 

No caso de que só houbese unha candidatura para os cargos de presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro, xa non faría falla efectuar a votación, polo que se proclamaría a nova xunta directiva por asentimento e ratificación da Asamblea. Se houbese máis dun candidato para algún dos cargos, procederiase á votación para ese cargo. Isto non afecta ao número de “Vocais”, xa que os estatutos non establecen un máximo, así que poderían entrar todos.

Se houbese que efectuar votación, é preciso que veñades acompañados do libro de familia.

Lembramos que de non haber candidatos, podería procederse á disolución da ANPA, desaparecendo as actividades que son da súa competencia, xestión e organización, tales como as actividades extraescolares, plan Madruga, comedor, lotería de 6º, excursións, festas

0 comentarios