Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2018.

COMEZAMOS O CURSO 2018-2019

20180914160950-1.jpg

Queridas familias: 

Xa estamos de volta, e para comezar temos cousiñas que contarvos referente á Asamblea ordinaria, a cuota de socios e as actividades extraescolares, comedor e Plan Madruga. 

 

1) Dende a ANPA O Piñeiro queremos convocarvos á Asamblea Xeral Ordinaria que levaremos a cabo no salón de actos do cole o vindeiro mércores 19 de setembro ás 18.00 hs. en única convocatoria. A orde do día será a seguinte: 

 

1. Lectura e aprobación da acta da Asamblea Xeral Ordinaria anterior. 

2. Memoria de actividades levadas a cabo pola ANPA no curso 2017-2018. 

3. Estado actual das contas. 

4. Actividades previstas para o presente curso. 

5. Rogos e preguntas. 

 

2) En relación á cuota de socio, mantemos o prezo de 15€ anuais por familia. Será OBRIGATORIO SER SOCIO para acceder ás actividades xestionadas e organizadas pola ANPA (comedor, extraescolares, Plan Madruga …). Este pago poderá facerse efectivo en persoa durante a Asamblea do día 19 ou no porche de entrada de Ed.Infantil os días 27 e 28 de setembro de 9.30 a 10 hs. e de 14.10 a 14.30 hs., ou ben facendo unha transferencia á conta de Abanca ES71 20805542273040000100 ESPECIFICANDO O NOME DO/S NENO/S E O CURSO (importantísimo!!!). A data límite para facer o ingreso é o 31 de decembro de 2018. 

 

3) En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ofertadas pola nosa ANPA, realízanse TODAS no colexio, comezan o 1 de outubro e ríxense polo calendario escolar (os días non lectivos tampouco impártese a extraescolar). A estas actividades pode asistir alumnado doutros centros, aportando 10€ á ANPA en concepto de inscrición. O pago das cuotas xestiónanse directamente cos monitores das mesmas. Son as seguintes: 

 

LUNS, 16.30 a 17.30 hs.: ROBÓTICA. 15€/mes. Ed. Primaria. Montaxe, programación e funcionamento de robots. 

LUNS, 16.30 a 17.30 hs: TENIS.12€/mes. Ed. Primaria. Monitor do Clube de Tenis O Rial. 

MARTES, 16.30 a 17.30 hs: CAJÓN FLAMENCO e PERCUSIÓN asociada a ese instrumento. 12€/mes. A partir de 5 anos. Ritmos modernos (rock, pop, blues…) 

MARTES, 16.30 a 17.45 hs: XIMNASIA RÍTMICA. 12€/mes. A partir de 4 anos. Monitor/a do Clube Ximnasia Rítmica Arousa. 

MÉRCORES, 16.30 a 17.30 hs: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Ed. Infantil e Primaria.15€/mes (con materiais e ingredientes incluidos). Elaboración de receitas sinxelas que os nenos levarán para casa para probar coas súas familias. 

MÉRCORES: EDUCACIÓN EMOCIONAL CON CANS E MINI ADESTRADORES. 15€/mes. Utilízanse cans de terapia (da raza “Labrador”) para aprender a identificar e xestionar emocións, traballar o autoconcepto, resolver conflictos de forma positiva,etc., así como iniciación ao adestramento canino. Ed. Infantil de 16.30 a 17.30 hs. Ed. Primaria de 17.30 a 18.30 hs. 

XOVES, 16.30 a 17.30 hs: MÓVETE DANCE (zumba, bailes, xogos…). Ed. Infantil e Primaria. 12€/mes. 

VENRES, 16.30 a 18.00 hs: TEATRO EN NGLÉS (profesora nativa). Ed. Infantil e Primaria. 15€/mes. 

 

Se estades interesados nalgunha actividade extraescolar, pregamos que depositedes a seguinte ficha de inscrición no buzón da ANPA antes do martes 25 de setembro. O xoves 27 avisaremos no taboleiro da entrada e no Facebook (Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño) que actividades acadaron grupo mínimo para levarse a cabo. 

 

 

PLAN MADRUGA: Desenrólase no ximnasio e na pista exterior anexa (cando o tempo o permite), e débese acceder a el a través do portal de arriba entre as 8.30 hs. e as 9.05 hs., hora na que se pecha o portal. A cuota abonarase á monitora dentro dos 3 primeiros días de cada mes. 

O servizo comeza o xoves 13 de setembro. 

Prezos: 

- Mes completo: 25€. 

- Medio mes (quincenas, semanas alternas ou dous días á semana): 15€. 

- Días soltos: 2,50€. Neste caso, o importe pagarase no mesmo momento de deixar o neno neste servizo. Non fai falla avisar con antelación, xa que pódese usar por posibles causas imprevistas na familia. 

 

COMEDOR: Funciona entre as 14.30 hs. e as 16.25 hs. Os pais poden recoller aos nenos a partir das 15.30 hs., sen poder rebasar a hora límite das 16.25 hs. Os nenos que acuden a unha actividade extraescolar, xa pasan directamente a ela. Para darse de alta (ainda quedan unas pouquiñas prazas), tedes que chamar ao teléfono do Catering Arelas 986408151, onde vos aportarán toda a información que precisedes. 

Ademáis, é necesario manter informado ao mestre do voso fillo de que días acude ao comedor, así como avisarlle se algún día non se vai quedar, para que o teña en conta. 

 

Xunta directiva da ANPA O Piñeiro do CEIP O Piñeiriño. E-mail: anpa.opineiro@nontedurmas.org 

Facebook: Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

NOME DO ALUMNO: CURSO: 

 

TELÉFONO: 

 

ACTIVIDADES ESCOLLIDAS: