Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

ACTIVIDADES EXTRAESCOLRES QUE ACADARON GRUPO

Dende a ANPA “O PIÑEIRO” informamos que as actividades extraescolares que acadaron grupo suficiente para impartirse durante o presente curso son:
LUNS, 16. 30 a 17.30 hs.: CAPOEIRA.15€/mes. Ed. Infantil e Primaria. Comeza o luns 2 de outubro e impártese no ximnasio.
MARTES, 16.30 a 17.30 hs: TENIS.12€/mes. Ed. Primaria. Comeza o martes 3 de outubro e impártese na pista de cemento de arriba (en caso de choiva, no ximnasio).
MARTES, 16.30 a 17.30 hs: MINI ROBÓTICA (iniciación).Ed.Infantil+1º Primaria.12€/mes. Comeza o martes 3 de outubro e impártese no salón de usos múltiples
MARTES, 17.30 a 18.30 hs: ROBÓTICA (programación, funcionamento e construcción de robots con material de reciclaxe, física, electrónica, etc.). A partir de 2º Primaria. 12€/mes. Comeza o martes 3 de outubro e impártese no salón de usos múltiples.
MÉRCORES, 16.30 a 17.30 hs: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Ed. Infantil e Primaria.15€/mes (con materiais e ingredientes incluidos). Comeza o mércores 4 de outubro e impártese na aula de plástica.
MÉRCORES, 16.30 a 17.30 hs: EDUCACIÓN EMOCIONAL ASISTIDA CON CANS (GRUPO DE ED. INFANTIL). Utilízanse cans de terapia (da raza “Labrador”) para potenciar as fortalezas en lugar das carencias dos nenos, aprender a identificar e xestionar emocións, traballar o autoconcepto, previr o acoso, resolver conflictos de forma positiva, mellorar a expresión emocional, aprender técnicas de relaxación, etc. 15€/mes. Comeza o mércores 4 de outubro e impártese no salón de usos múltiples.
MÉRCORES, 17.30 a 18.30 hs: EDUCACIÓN EMOCIONAL ASISTIDA CON CANS (GRUPO DE ED. PRIMARIA). Comeza o mércores 4 de outubro no salón de usos múltiples.
XOVES, 16.30 a 17.30 hs: MÓVETE DANCE (zumba, bailes, xogos…). Ed. Infantil e Primaria. 12€/mes. Comeza o xoves 5 de outubro e impártese no ximnasio.
VENRES, 16.30 a 18.00 hs: TEATRO EN NGLÉS (profesora nativa). Ed. Infantil e Primaria. 15€/mes. Comeza o venres 6 de outubro e impártese no salón de usos múltiples.
- O pago das cuotas xestionarase directamente cos monitores/as.
Todas as actividades admiten incorporacións ao longo do curso. Para elo é IMPRESCINDIBLE poñerse en contacto coa ANPA para que o comunique aos responsables das extraescolares.
- Asimesmo, as baixas tamén deben ser avisadas á ANPA, xa sexa en persoa a calquera membro da xunta directiva, por mensaxe privada ao facebook Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño ou por correo electrónico á dirección anpa.opineiro@nontedurmas.org.

0 comentarios