Facebook Twitter Google +1     Admin

ENTROIDO 2017

20170212185225-img-5596.jpgDende a ANPA “O Piñeiro” poñémonos en contacto para comentarvos dúas cousas:
1) O venres 24 de febreiro entre as 17 hs. e as 20 hs. no patio de Infantil, terá lugar a Festa de Entroido da ANPA. Estades convidados a pasar un rato divertido. Haberá agasallos para os mellores disfraces, música, merenda, xogos e exhibición de Capoeira a cargo de Capoeira Andaurê Camugerê Brasil. Animádevos!

2) Este ano imos participar no desfile de Entroido que percorrerá as rúas de Vilagarcía o martes 28 de febreiro.
Os disfraces cos que iremos serán os que levará o alumnado no cole. Os nenos de Ed. Infantil e 1º de Primaria deberán ir acompañados dun adulto (que tamén irá disfrazado). Por suposto, todos aqueles pais e nais que desexen sumarse ó grupo, poderán facelo sempre e cando vaian ataviados con algún dos disfraces que se usarán no colexio relacionados coa temática da natureza (flor, árbore, periquiño, peixe, bolboreta, xardiñeiro…). Se precisades os patróns para cortar o traxe de adulto ou calquera tipo de información para confeccionalo, falade cos mestres, que están dispostos a axudarvos.
Para participar, debedes apuntarvos antes do venres 24 de febreiro, depositando no buzón da ANPA a ficha cuberta cos datos que se vos solicitan, ou enviando un correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org, ou unha mensaxe privada ao noso facebook Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño.
Nos taboleiros do colexio e no noso Facebook, informaremos da hora e sitio no que hai que presentarse para o desfile. Estade pendentes!
Xunta directiva da ANPA “O Piñeiro”
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Participación no desfile de Entroido 2017
Nome , apelidos e curso d@/s nen@/s:
Nº de adultos que acompañan: Nº teléfono de contacto:


Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.