Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2016.

EXCURSIÓN ILLAS CíES 2016

20160531232803-image.jpegUn ano máis queremos convidarvos á vindeira actividade que dende a ANPA O Piñeiro imos organizar este curso. Trátase dunha EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES e terá lugar o DOMINGO 19 DE XUÑO.
Dita excursión será GRATUITA PARA @S NEN@S SOCI@S DA ANPA, OS SEUS IRMÁNS E DÚAS PERSOAS ADULTAS POR FAMILIA, aínda que terán que confirmar a súa reserva de praza cubrindo a ficha que aparece máis abaixo e depositándoa antes do venres 10 na urna que estará colocada na entrada do colexio. Cada día vaciarémola para facer reconto, xa que no caso de que houbese máis interesad@s que prazas dispoñibles, o acceso será por orde de inscrición.
Se quedasen prazas libres abriráse a inscrición @s NON SOCI@S E A FAMILIARES E AMIG@S D@S SOCI@S. Neste caso o prezo da viaxe será de 15€ por persoa (de balde para @s menores de 1 ano).
Para formalizar o pago e enterarse de se quedaron ou non prazas sen cubrir, deberánse achegar ao colexio (porche de entrada de Ed. Infantil) o día luns 13 de xuño ás 9.30 hs. As anotacións e pagos faránse por estricta orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles.
No caso de adversidade meteorolóxica intentaráse establecer unha data alternativa, do cal se avisará mediante aviso colgado no taboleiro da ANPA do cole, no noso blogue (anpaopineiro.blogia.com) e no Facebook (Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño). Só se devolverán os cartos en caso de anulación da excursión por non ter posibilidade de trocar a data.
O barco sairá do Peirao de Portonovo, tendo cada viaxeir@ que chegar ata alí no seu medio particular de transporte. A hora de embarque será ás 8.50 hs. O regreso está previsto para as 18.45 hs. (hora na que sairá das Cíes). A duración estimada da travesía é de unha hora.
Pregamos @s soci@s da ANPA que SÓ SE APUNTEN NO CASO DE ESTAR SEGUROS DE ACUDIR, xa que así facilitaremos que @s que non sexan soci@s e queiran ir, poidan facelo. Asemade, no hipotético caso de que no derradeiro momento non puidese acudir un/a soci@ que xa se apuntara, pedimos que o faga saber (en persoa a algún membro da directiva, a través de e-mail a anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no noso facebook para avisar a posibles viaxeir@s que quedasen anotad@s en lista de agarda.
Para poder viaxar ás Cíes é TOTALMENTE IMPRESCINDIBLE que nos facilitedes os nomes e apelidos de tod@s @s viaxeir@s e os seus DNI. No caso de que por ser menor de 14 anos o/a menor non posúa DNI, facede constar o do pai ou nai.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INSCRICIÓN EXCURSIÓN ILLAS CÍES
NOMES, APELIDOS e DNI D@S NEN@S:



NOMES, APELIDOS E DNI D@S ADULT@S (ata dous):



TELÉFONO: E-MAIL: