Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

FESTA SAMAÍN 2016 VENRES 28 OUTUBRO 17:30 H

FESTA SAMAÍN 2016  VENRES 28 OUTUBRO 17:30 H

 A ANPA O Piñeiro imos celebrar o Samaín cunha festa na que contaremos cos xogos tradicionais que forman parte da colección que ten o Concello de O Grove, o cal está a facer unha intensa  laboura de recuperación e recopilación destos xogos populares cos que gozan tanto adultos coma pequenos, e a quen lle agradecemos moitísimo que no-los cedese.

 Terá lugar o venres 28 de outubro de 17.30 hs. a 20 hsno patio de abaixo (o de Educación Infantil) e poderedes vir disfrazados. 

  Haberá premios para amellores cabazas, que poderedes traer para ambientar a festa. 

  Para poder levala a cabo precisamos da axuda de varios pais e nais que vixilen os xogos para evitar a perda dalgunha peza e poder devolvelos en perfectas condicións. 

  Agardamos que participedes! 

  Xunta Directiva da ANPA  

  

0 comentarios