Facebook Twitter Google +1     Admin

CABALGATA DE REIS 2016

20151202223338-1.jpg

Unha vez máis participaremos na Cabalgata de Reis que se celebrará o martes 5 de xaneiro de 2016 polas rúas de Vilagarcía. O camiño faráse a pé.

Para elo contamos cos traxes de pastorciñ@s utilizados nos anos anteriores.. É imprescindible que @s nen@s menores de 7 anos (Ed. Infantil e 1º de Primaria) vaian acompañad@s durante todo o percorrido por un adulto.

Os pais/nais d@s nen@s de 7 anos en diante tamén poden ir no desfile sempre e cando vaian disfrazad@s.

       A Cabalgata sairá do Auditorio Municipal. Xuntarémonos na explanada de dito edificio ás 18.00 hs., xa que antes da hora de saída (ás 19:00 hs.) os Reis Magos recibirán @s cativ@s que participen nela, podendo ser acompañad@s na dita recepción por un número limitado de membros da xunta directiva da ANPA, que serán acreditad@s polo Concello de Vilagarcía.

En ningún caso poderá acceder ningún adulto sen acreditación.    

  Pregamos que se estades interesad@s en participar, depositedes a ficha adxunta cuberta no buzón da ANPA que está situado a carón da porta de entrada do alumnado de 5 anos e 1º de Primaria ata o xoves 10 de decembro.

Tamén podedes anotarvos a través do correo electrónico anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño aportando os datos que pedimos na ficha. 

   Os traxes enviarémolos pol@s rapaces/zas o xoves 17 de decembro, e terán que estar de volta no colexio o xoves 7 de xaneiro. Podedes entregarllos a Marcela, a presidenta da ANPA, ou a Lolo, o conserxe. 

 
  Aproveitamos esta comunicación para lembrarvos que, por mediación da ANPA, Papá Noel fará entrega de chocolatinas a todo o alumnado durante a mañá do venres 18 de decembro como ven facendo cada ano.  

    Recibide un saúdo da Xunta Directiva da ANPA "O Piñeiro"

 

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -- - - -- - - - - - - - - - - - - - - - 

Inscrición na Cabalgata de Reis 2016

Nome, apelidos e curso (coa letra do grupo. P.ex: 4ºB ou 3 anos A) d@ s nen@s:

Teléfono de contacto:

Necesitades traxe de adulto? (rodeade a opción que elixides):

 
NON          Sí, feminino          Sí, masculino        Sí, masculino e feminino 

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.