Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

ANDAINA DOMINGO 15 NOVEMBRO 2015-Ruta da pedra e da Auga

ANDAINA DOMINGO 15 NOVEMBRO 2015-Ruta da pedra e da Auga

ANDAINA pola Ruta da Pedra e da Auga. A mesma terá lugar este domingo 15 de novembro. O obxectivo da mesma é compartir entre as familias do noso cole (socias da ANPA ou non) unha xornada en contacto coa natureza. Para elo, organizarémonos da seguinte maneira:


10.00 hs.: Xuntarémonos no colexio O Piñeiriño. Cada un irá no seu medio de transporte particular.

10.15 hs.: Saída.

10.45 hs.: Chegada ao merendeiro próximo á Aldea de Pedra.

11.00 hs. aprox.: Comezamos  a ruta a pé cara á Armenteira, ida e volta.

13.00-13.30 hs. aprox.:Chegamos ao noso destino, onde xantaremos na área recreativa.

Cada un levará a súa comida e bebida.Non hai establecida unha hora de regreso, cada quen voltará cando o estime oportuno.
  Aqueles que non queiran facer a ruta pero lles apeteza xantar con todos, poden unirse acudindo directamente ao merendeiro, tendo en conta o horario aproximado no que temos previsto chegar alí.  ´

Ánimamos a todos a participar!!!!                                                                      

0 comentarios