Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2015 ILLAS CÍES

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2015 ILLAS CÍES

Queremos convidarvos a todos á vindeira actividade que dende a ANPA O Piñeiro imos organizar este curso escolar. Trátase dunha EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES e terá lugar o DOMINGO 7 DE XUÑO.

Dita excursión será GRATUITA PARA @S NEN@S SOCI@S DA ANPA, OS SEUS IRMÁNS E DÚAS PERSOAS ADULTAS POR FAMILIA, ainda que terán que confirmar a súa reserva de praza cubrindo a ficha que aparece máis abaixo e depositándoa antes do venres 29 de maio na urna que estará colocada na entrada do colexio. Cada día vaciarémola para facer reconto e terán preferencia aqueles que antes a depositaran, en caso de que houbese máis interesados que prazas dispoñibles.

No caso de que quedaran prazas libres abriráse a inscrición @s NON SOCI@S E A FAMILIARES E AMIG@S D@S SOCI@S. Neste caso o prezo da viaxe será de 15€ por persoa (os menores de 3 anos non pagan).

Para formalizar o pago e enterarse de se quedan ou non prazas valeiras, deberán achegarse ao colexio (porche de entrada de Ed. Infantil) o día luns 1 de xuño en horario de 9.30 hs. a 10 hs. As anotacións e pagos faránse por estricta orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles.

No caso de adversidade meteorolóxica intentaráse establecer unha data alternativa, do cal notificaríamos a todos os viaxeiros mediante aviso colgado no tablón da ANPA do cole, no noso blogue (anpaopineiro.blogia.com) e no Facebook (Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño). Só se devolverán os cartos en caso de anulación da excursión por non ter posibilidades de trocar a data.

O barco sairá do Peirao de Portonovo (a carón da lonxa), tendo cada viaxeiro que chegar ata alí no seu medio particular de transporte. A hora de embarque será ás 8.45 hs. O regreso está previsto para as 18.45 hs. (hora na que sairá de Cíes). A duración estimada da travesía é de unha hora.

Pregamos @s soci@s da ANPA que SÓ SE APUNTEN NO CASO DE ESTAR SEGUROS DE ACUDIR, xa que así facilitaremos que @s que non sexan soci@s e queiran ir, poidan facelo. Asemade, no hipotético caso de que no derradeiro momento non puidese acudir un/a soci@ que xa se apuntara, pedimos que no-lo faga saber (en persoa, a través de e-mail a anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no noso facebook para avisar a posibles viaxeiros que quedasen anotados en lista de agarda.

Para poder viaxar a Cíes é TOTALMENTE IMPRESCINDIBLE que nos facilitedes os nomes e apelidos de tod@s @s viaxeir@s e os seus D.N.I.s. No caso de que por ser menor de 14 anos o/a menor non posúa DNI, facede constar o do seu pai ou nai.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRIPCIÓN EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

NOMES E APELIDOS DOS NENOS/AS E DNIs SE É O CASO:

 

NOMES, APELIDOS E DNIs DOS ADULTOS (ata dous):

 

 

TELÉFONO: E-MAIL:

 

 

0 comentarios