Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

XIII Xornada de nais e pais. Educando en igualdade.

XIII Xornada de nais e pais. Educando en igualdade.

Baixo o título“Estratexias lúdicas en Igualdade: uso sen abuso de videoxogos e smartphones” o vindeiro sábado día 21 de febreiro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a décimo terceira edición da Xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela

21 de febreiro de 2015

Inscrición ata o 19 de febreiroxornadas.igualdade@xunta.es

tlf: 981 520 090

A xornada consta de sesións informativas para nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico adaptados á idade de referencia entre 9 e 13 anos dos nenos e nenas. As familias poderán xogar de forma conxunta a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, compartindo baixo parámetros de igualdade, dende cada perspectiva, a súa experiencia e coñecemento acerca da tecnoloxías, os seus retos e as súas oportunidades con especial énfase na prevención do seu uso abusivo.

A capacidade é limitada polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.

Xunta.es

0 comentarios