Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

FESTA DE ENTROIDO VENRES 13 FEBREIRO

FESTA DE ENTROIDO VENRES 13 FEBREIRO

Queremos convidarvos á festa de Entroido que celebraremos no patio de Infantil do colexio o venres 13 de febreiro, de 17.00 hs. a 20.00 hs. Haberá música, xogos, diversión e o 2º Concurso - degustación de "Merendas disfrazadas". Ao igual que o ano pasado, todos aqueles que queirades participar, traeredes unha mostra da vosa creatividade gastronómica. Algúns exemplos poden ser: galletas ou empanadiñas de diferentes formas e decoradas, boliños de pan "tuneados", magdalenas caracterizadas dalgunha personaxe, pasteliños decorados de forma divertida, figuras de animais feitas con froitas, etc. Deixamos a merenda nas mans da vosa imaxinación.

Os asistentes á festa votarán cal das propostas convenceulles máis por orixinalidade, e as tres máis votadas recibirán diploma e agasallo.

Asimesmo, queremos trasladarvos que a ANPA necesita nais e pais que queiran involucrarse no traballo que conleva mantela activa, polo que solicitamos encarecidamente q vos animedes a formar parte da xunta directiva para que a marcha da nosa asociación non se vexa progresivamente empobrecida pola carencia de tempo suficiente dos seus actuais membros, xa que por motivos persoais e laborais non lle podemos adicar o tempo desexable para o seu óptimo funcionamento.

 

0 comentarios