Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

II FESTIVAL NADAL VENRES 19 DECEMBRO NO AUDITORIO

II FESTIVAL NADAL VENRES 19 DECEMBRO NO AUDITORIO

Dado o éxito que supuxo o ano pasado a celebración do Festival de Nadal no Auditorio Municipal, estamos moi ilusionados con organizalo de novo. Esta vez terá lugar o venres 19 de decembro ás 20 hs no mesmo sitio. Para os que sodes nov@s no centro, explicámosvos que no festival que organiza o profesorado non podemos pasar as familias a ver a actuación d@s nos@s fill@s por diferentes motivos, entre os que destaca a falta de espacio. Por isto, o pasado ano a ANPA dou o paso de organizar un festival no Auditorio aberto a todas as familias, no que @s alumn@s interpretaron o mesmo que fixeron no colexio.

Para que isto sexa posible, a dirección do centro accedeu unha vez máis a que UN/UNHA PAI/NAI de cada grupo poida presenciar o festival do cole co obxectivo de que coñeza como se leva a cabo a actuación da súa clase para logo poder dirixila no Auditorio (poderíase dicir que "sustituirá" á/ao mestra/e).

Tamén necesitamos pais/nais voluntarios para o propio día 19 para que nos boten unha man nas tarefas de organización.

A esta actividade estades convidados a participar tanto os socios como os non socios da ANPA.

Por motivos de previsión e organización pedimos que nos fagades chegar os datos dos rapaces e rapazas que van participar. Asimesmo @s que queirades ser responsables de dirixir no auditorio a un grupo de alumn@s e, por tanto, acudir ao festival do colexio a visualizalo, apuntádevos. No caso dos grupos nos que haxa máis dun pai/nai interesad@, poñeriamonos en contacto para que o decidan entre eles, ou fariamos un sorteo.

Podedes facernos chegar as inscricións depositando a ficha adxunta na urna que atoparedes na mesa situada a carón de secretaría ou ben enviando un correo electrónico á nosa dirección: anpa.opineiro@nontedurmas.org ou a través dunha mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño con todos os datos que pedimos.

Se o ano pasado enchimos o auditorio, este ano vaise quedar pequeno!

Un saúdo da Xunta directiva da ANPA "O Piñeiro"

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRICIÓN PARA O FESTIVAL DE NADAL DO AUDITORIO

 

Nome d@s nen@s:

 

Curso ( coa letra do grupo. P.ex.: 3ºB ou 4 anosA):

Teléfono:

Se queres ser pai/nai responsable dun grupo, dinos o teu nome e a clase á que queres acompañar:

 

 

 

 

 

 

 

 

0 comentarios