Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Cultura comeza cos preparativos para a visita dos Reis Magos convocando o concurso de carteis da Cabalgata

Cultura comeza cos preparativos para a visita dos Reis Magos convocando o concurso de carteis da Cabalgata

O Concello comezou a traballar xa xunto coa Comisión Organizadora da Cabalgata de Reis nos preparativos da próxima visita a Vilagarcía das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Neste marco, a Concellería de Cultura acaba de convocar o concurso infantil de debuxo para elixir o Cartel da Cabalgata 2015. Será un concurso aberto, no que nenos de 7 a 11 anos poderán participar a título individual. O prazo de presentación de traballos remata o 12 de decembro.

Como xa se fixera o ano pasado, o certame de carteis convócase a título individual é dicir que calquera neno e neno empadroado en Vilagarcía e con idade comprendida entre os 7 e os 11 anos, poderá presentar o debuxo directamente. Só deberán cumprir os requisitos que establecen as bases aprobadas pola Xunta local de Goberno nas que se di que os traballos deben presentarse en formato A3, incluír no deseño o texto “Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 horas”. No debuxo non poderá figurar a firma do autor. Os datos persoais débense facer constar no reverso do traballo (nome e apelidos, enderezo e un número de teléfono).

Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre a título individual, posto que non se admitirán debuxos realizados por grupos. Os interesados en participar poden presentar os traballos a partir de xa nas dependencias de Cultura no Auditorios, de martes a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas. O prazo remata o 12 de decembro.

 

O xurado concederase un premio único, que será o debuxo que se reproducirá no cartel anunciante da Cabalgata de Reis 2015. Si así o considerase necesario, a maiores concederase un accésit.

Cos traballos participantes no concurso organizarase unha exposición.

 

Fuente:Concello Vilagarcia

0 comentarios