Facebook Twitter Google +1     Admin

FESTA DE FIN DE CURSO

20140616172506-1.jpg

Este VENRES 20 DE XUÑO DE 17 A 20 HS. no propio colexio. Nesta ocasión teremos inchables, carreiras de coches, "A Caixiña de Mistos" coas súas curtametraxes cinematográficas,  xogos con monitores especializados, música, merenda, churrasco, actuación das alumnas de Multiactividade,... A entrada á festa será libre para todos os rapaces e rapazas do colexio, ainda que para sufragar os costes das atraccións, monitores, etc., se solicitará un donativo de 5€ por neno/a, asumindo a ANPA o donativo dos seus socios/as, os cais non deberán desembolsar importe algún.

    Estaríamos encantados de que aqueles pais e nais que o desexen colaboren connosco, xa sexa no propio desenrolo e organización da festa como na aportación dalgún tipo de alimento para a merenda dos nenos (biscoitos, galletas, empanada, tortilla, etc.).

 

    Asimesmo queremos lembrar que o derradeiro día do curso escolar (o venres 20 de xuño) a ANPA O Piñeiro, como cada ano, repartirá entre todo o alumnado uns xeados como despedida.

 

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.