Facebook Twitter Google +1     Admin

Os nenos de 6 a 14 anos disporán en verán da Escola Multideportiva e de sesións de patinaxe e piragüismo

20140519135238-1.jpg

Os nenos de 6 a 14 anos disporán en verán da Escola Multideportiva e de sesións de patinaxe e piragüismo
A Fundación de Deportes xa pechou o programa deportivo de verán para os nenos e nenas do municipio que poderán aproveitar as vacacións estivais practicando diversas actividades lúdico e físicas na praia e introducirse en novas modalidades deportivas. Durante os meses de xullo e agosto volverán a funcionar as Escolas Multideportivas de Verán, haberá piragüismo e tamén patinaxe en liña. O programa está dirixido a rapaces de 6 a 14 anos e desenvolveranse os meses de xullo e agosto. O prezo é de 12 euros por un mes e 18 polos dous e o prazo de inscrición ábrese o 26 de maio.

As actividades que se impartirán na Escola Multideportiva de Verán inclúen xogos de iniciación a deportes que se poden practicar na praia, como fútbol ou volei; xogos con implementos, como palas ou béisbol; xogos con material alternativo como pode ser freesbes ou indiakas; xogos cooperativos con paracaídas e ata xogos acuáticos con porterías e canastras. Tamén se impartirán sesións de iniciación ao piragüismo.

Todas estas actividades desenvolveranse nas praia da concha Compostela de luns a venres en horario de mañá. Habilitaranse dous grupos ao día en función das idades dos participantes comezando as actividades polos máis maiores, de 10 a 11.30 horas para seguir cos máis pequenos, que terán o seu tempo de 11:30 a 13:00 horas. Todas as actividades estarán dirixidas e supervisadas polos técnicos deportivos da Fundación.
En caso de choiva, as actividades das Escolas Multideportivas trasladaranse ao pavillón municipal de Guillán.

A actividade de patinaxe en liña desenvolverase nas pistas do Parque do Cavadelo e en caso de choiva no pavillón de deportes do colexio Arealonga. Celebrarase de luns a venres con dúas sesións de hora e media de duración cada xornada. A primeira comezará ás 10 e a segunda as 11:30 horas. Un técnico deportivo especializado nesta disciplina será o encargado de impartir a actividade.


As Escolas Multideportivas e as outras actividades deportivas de verán dan continuidade ao programa de deporte para nenos e nenas que desenvolve ao longo do curso escolar a Fundación de Deportes co obxecto de promover a práctica de actividade física e os hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil, así como para facilitarlles un primeiro contacto cos diversas modalidades deportivas para que cada neno e nena poida elixir entre a que máis lle guste.

Os interesados en participar nestas actividades deberán inscribirse entre o 26 de maio e o 13 de xuño nas oficinas da Fundación de Deportes, sitas nas dependencias de Fexdega, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Á folla de inscrición debidamente cumprimentada deberán aportar copia do DNI do neno ou nena ou da folla do libro de familia onde figura, así como o resgardo do ingreso da cota que se deberá realizar na conta da Fundación de Deportes de Nova Galicia Banco. 

Fuente: Concello Vilagarcía

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.