Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

OBRADOIRO “ O DRAGÓN COMEMEDO” ORGANIZADOR: COORDINADORA DE ANPAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

OBRADOIRO “ O DRAGÓN COMEMEDO” ORGANIZADOR: COORDINADORA DE ANPAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

            Aproveitando o día das Letras Galegas a coordinadora de ANPAS de Vilagarcía de Arousa, na que a ANPA O Piñeiro está integrada, vai a organizar unha actividade libre e gratuita para estimular a lectura aos máis pequenos. Contando coa colaboración do escritor vilagarcián Antón Romero   vaise facer un obradoiro con diferentes actividades centradas  no seu libro “ O Dragón Comemedo” (Edit. Baía), que terá lugar o Venres 16 de maio as 18:00 horas e terá unha duración aproximada dunha hora. O lugar de celebración será o salón de actos da Escola Municipal de Música de Vilagarcía. Recomendamos a participación nesta actividade a nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.Consideramos que sería interesante, pero non imprescindible, a lectura previa do libro. Os pais/nais poden ler aos nenos o conto ou ben que os rapaces o lean por eles mesmos se xa saben ler.Por motivo de organización e aforo, o número de prazas será limitado. A ficha de inscripción depositaráse na urna que estará posta a tal efecto na entrada do colexio O Piñeiriño, antes do día 9 de maio.Xunta Directiva da ANPA O Piñeiro do CEIP O Piñeiriño. ------------------------------------------------------------------------------------------------INSCRIPCIÓN NO OBRADOIRO “O DRAGÓN COMEMEDO”NOME DO NENO/A:__________________________________________________TELÉFONO DO PAI /NAI_______________________________________________                        EMAIL:________________________________________________________________

2 comentarios

ANPA -

Seguro que si!!!

RuAn -

Obrigado pola confianza, agardo que todos os nenos o pasen ben.