Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

COORDINADORA DE ANPAS VILAGARCÍA

Queremos compartir convosco que hoxe pola mañá acudimos a unha reunión de representantes das ANPAs dos CEIPs de Vilagarcía para tratar a problemática en términos de carencias e necesidades urxentes das que adolecen os nosos centros educativos, a maioría referentes a desperfectos, deterioro, falta de limpeza, etc. nos edificios. Como consecuencia da falta de interés e efectividade por parte dos organismos públicos competentes, cando, individualmente por parte de cada centro afectado se lles reclamou algunha solución, acordamos a creación dunha Coordinadora de ANPAs a nivel Vilagarcía, da que nós,a ANPA do colexio O Piñeiriño, imos formar parte xunto coas de A Lomba, o Anexo, o Arealonga, A Escardia, Rubiáns, Vagalume, Carril e Vilaxoán. Agardamos acadar maior éxito actuando de forma conxunta, así como levar a cabo accións e actividades en beneficio de tódolos rapaces dos nosos centros. Manterémosvos informados.

0 comentarios