Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

¡TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS!

¡TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS!

 

    Queridas familias:

                                 ¡TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS!

    A primeira delas é que queremos estar máis preto de vós, pais e nais, e para iso o primeiro venres de cada mes (ou o segundo, se o primeiro caese en festivo) algún membro da xunta directiva do ANPA estará en persoa na entrada do cole en horario de 9.30 a 10 hs. para que a través del poidades solucionar dúbidas, facernos chegar suxestións, queixas, comentarios… calquera cousa que nos queirades transmitir.

                                    MAGOSTO

     Asimesmo, queremos convidarvos a que nos acompañedes na celebración dun Magosto que terá lugar no patio de abaixo do colexio (o de Ed. Infantil), este venres 15 de novembro de 16.30 a 19.30 hs.

    Trátase de pasar unha tarde xuntos compartindo castañas asadas, bailes e xogos populares. A quen non lle gusten as castañas que non se preocupe que algunha  outra cousiña haberá para picar e beber.

    Ademáis das familias, tamén invitamos aos mestres e ó equipo directivo do centro a que estean connosco nesta festa.

 

     CABALGATA DE REIS

     Por outra banda comunicámosvos que o ANPA O Piñeiro quere participar na Cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro de 2014 ás 19 hs. polas rúas de Vilagarcía. O camiño faráse a pé. Para elo contamos cos traxes de pastorciño e pastorciña utilizados noutros anos.

É imprescindible que os nenos menores de 7 anos (Ed. Infantil e primeiro de Primaria) vaian acompañados durante todo o percorrido por un adulto. Aos máis pequenos poderedes levalos na silla se considerades que non van aguantar todo o camiño andando.  Os pais dos nenos de 7 anos en diante tamén poden ir ó seu carón, se así o desexan. Temos traxes de maiores por se queredes ir disfrazados. Se estades interesados anotádevos cubrindo e recortando o seguinte cupón e depositándoo na furna que estará na entrada do colexio para tal fin.

 

Lembrámosvos que ata o venres 15 de novembro en horarios de 9.30 a 10 hs. e de 14 a 14.30 hs. algúns de nós estaremos presencialmente no centro cobrando o seguro escolar, a cuota da ANPA  e para escoitar e atender calquera cousa que nos requirades.

 

Recibide unha agarimosa aperta da Xunta Directiva do ANPA O Piñeiro

 

 

                                     PARTICIPACIÓN NA CABALGATA DE REIS

 

     NOME DO/S NENO/S E CURSO:

 

 

     Dinos se necesitas disfrace de adulto:  SÍ , feminino      SÍ, masculino         NON

0 comentarios