Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Os Campamentos Urbanos de Verán contarán con 117 nenos de entre 4 e 7 anos

Os Campamentos Urbanos de Verán contarán con 117 nenos de entre 4 e 7 anos

A Concellería de Xuventude fixo público hoxe o listado provisional de nenos e nenas admitidos nos Campamentos Urbanos de Verán que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto nos centros de Piñeiriño e A Escardia. Aínda que inicialmente se ofertaron 100 prazas (50 en cada unha das sedes), a Concellería fixo un esforzo para dar cabida a todos os solicitantes, polo que finalmente participarán no programa 117 nenos.

Nas listas provisionais figuran os nenos e nenas e a cota a abonar por cada un en función das semanas que participen e das bonificacións a aplicar en cada caso. Os documentos pódense consultar dende hoxe na Concellería de Xuventude e no taboleiro de anuncios da web e establécese un prazo de dous días para a presentación de reclamación. O último día para realizar este trámite será o venres 14 de xuño. Tras a revisión das reclamacións publicaranse as listas definitivas.

Os campamentos Urbanos de Verán son un programa socioeducativo de lecer e de apoio á infancia co que a Concellería de Xuventude pretende facilitar a conciliación persoal e laboral das familias durante as vacacións escolares de verán dos máis cativos. Os campamentos dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2006 e 2009 terán a súa sede nos colexios da Escardia e do Piñeiriño con capacidade de 50 prazas en cada un deles. Impartiranse do 1 de xullo ao 30 de agosto, podendo optar as familias aos dous meses completos, a un ou a unha quincena co fin de que poidan axustar mellor o uso do servizo ás necesidades particulares de cada caso. 

Os Campamentos celebraranse en horario de mañá, de 9 a 14 horas. Co obxecto de facilitar a conciliación e que as familias poidan axustar o traslado dos nenos aos seus horarios de entrada e saída do traballo, establécense dúas quendas para chegada (de 9 a 9:10 horas e de 10 a 10:10) e dúas de recollida (de 13 a 13.10 horas e de 13.50 e as 14.00). A actividades a impartir nos campamentos inclúen obradoiros artísticos e creativos, manualidades, xogos guiados e libres co obxectivo de ocupar o tempo de lecer dos cativos dun xeito ameno é vez que educativo. 

Fuente:Vilagarcía.es

0 comentarios