Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Aberto o prazo de solicitude nos campamentos multideportivos e de Verán da Deputación

Aberto o prazo de solicitude nos campamentos multideportivos e de Verán da Deputación
A Oficina de Información Xuvenil de Vilagarcía (OMIX) informa sobre os campamentos infantís que a Deputación Provincial de Pontevedra organiza en verán e para os que se veñen de abrir os prazos de inscrición. Trátase das actividades multideportivas que se celebrarán en xullo e agosto nas instalacións do centro Príncipe Felipe de Pontevedra, e do Campamento de Verán a que se desenvolverá na Lanzada de finais de xuño a principios de setembro.


04. 03. 2013.- Os campamentos da Lanzada están dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2005 e as solicitudes de praza poden presentarse ata o 27 de marzo nas dependencias da Concellería de Xuventude, no Concello, e nas oficinas da Deputación ata o 5 de abril. As estadías nesta actividade duran unha semana e o prezo é de 68 euros por neno. Segundo recollen as bases da convocatoria, no prezo non se inclúen actividades nin excursións, que se aboarán no propio campamento o día de chegada. As prazas concederanse por sorteo e terán preferencia os nenos e nenas que participaran nos campamentos do ano pasado. O sorteo e a listaxe de admitidos publicarase entre o 29 de abril e o 3 de maio.

Nos campamentos multideportivos “Príncipe Felipe” poderán participar nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2006. A modalidade destas actividades é de internado ou pensión completa e o prezo de 125 euros por neno. As familias que presenten as súas solicitudes na Concellería poderán facelo ata o día 27 de marzo, pudendo facelo ata o 19 de abril na Deputación. As prazas adxudicaranse por sorteo e a listaxe de admitidos publicarase entre o 6 e o 10 de maio

Formularios e documentación
Os formularios de solicitude pódense obter a través da web da Deputación (http://www.depontevedra.es/?1,30293 ; http://www.depontevedra.es/?1,30300 ) e, unha vez cubertos, deben presentarse xunto cunha fotocopia dos mesmos máis a do DNI do pai, nai ou titor; do DNI do solicitante ou da folla do libro de familia na que figure; da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado e certificado ou volante de empadroamento.

 

Fuente:ivilagarcia.com

0 comentarios