Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2012.

AVISO IMPORTANTE PARA OS PAIS-NAIS DE 3 ANOS

Aquí os deixamos esta nota das mestras de infantil

AVISO IMPORTANTE PARA OS PAIS-NAIS DE 3 ANOS

QUERIDAS FAMILIAS:
 
DEBIDO A UN ERRO NA NOTA INFORMATIVA QUE RECIBISTES ESTA SEMANA, QUEREMOS ACLARAR QUE A DATA DA REUNIÓN COS PAIS-NAIS DE 3 ANOS É O XOVES DÍA 6 ÁS 10:30 DA MAÑÁ NO SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO.
 
PERDOADE A CONFUSIÓN DE DATAS
 
UN SAÚDO

PLAN MADRUGA CURSO 2012/2013

20120910114620-1.jpg

O Plan Madruga consiste na recepción e atención de alumnos en idade escolar nas horas previas ao inicio da xornada escolar propiamente dita.

O obxectivo é facilitar a conciliación da vida doméstico-familiar e laboral das familias nas que os adultos teñen xornadas de traballo con horarios que comezan antes que as dos escolares.

O programa Madruga permitiría aos pais ou titores deixar os alumnos no recinto escolar antes do comezo das clases para que pais e nais poidan acudir aos seus traballos, coa total garantía de que os seus fillos e fillas estarán coidados, vixiados e, ao mesmo tempo que se divirten e xogan, aprenden.

ACTIVIDADES:Os nenos e nenas son recollidos por un monitor especializado e con experiencia, co que comparten diversos xogos e actividades lúdico-didácticas, as cales variarán en función do número de alumnos, idades e tipo de dependencias facilitadas polo centro.

HORARIO E LOCALIZACIÓN:

  De 8:30 a 9:30 da mañá. (hora e media diaria durante o curso lectivo, de luns a venres, agás festivos.)

PREZO:

 A partir de 10 nenos: 20 euros mes /alumnoAlmorzo non incluído.

Descuento de 5 € por segundo hermano

 

******** Los papás y mamás que necesitéis utilizar el servicio de conciliatardes o plan madruga poneros en contacto con cualquier miembro de la junta directiva del Anpa o enviar un correo a : anpa.opinerio@nontedurmas.org *************

DOAZÓN MATERIAL ESCOLAR

O TEU XESTO, A SÚA EDUCACIÓN

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

Hai moita xente nunha situación desesperada pola crise,desesperación que aumenta co inicio dunha nova etapa escolar,na que non teñen con que mercarlle aos seus fillos o material que necesitan para recibir unha educación adecuada e de calidade. Doando calquera tipo de ceras,bolígrafos,lápis,libreta,regra,etc. axudarás á educación de nenos en situacións económicas difíciles.Un simple xesto teu,pode significar un futuro mellor dun neno moi próximo a ti.

COLABORA, NON TE COSTA NADA, E XOGÁMONOS MOITO.

Organiza: Xuventudes Socialistas Vilagarcía

Colaboran: Librerías Vilagarcía

Deposita as túas doacións nas caixas que encontraredes nas librerías.

 

Reunión Grupo Contacontos do cole

20120922140209-cuento.jpg

Próximo Xoves - día 27 de setembro-as 18:00 horas, no salón de actos do colexio.

Aparte de vernos despois das vacacións e comentar o que cada quen considere oportuno,desenrolaremos os seguintes temas:

- Miraremos unha pequena parte dun video dos tres contos do ano pasado para facernos unha millor idea da actividade, e a súa significación e desenvolvemento. Decideremos que facer co video: facer copias..etc.

- Falaremos dalgunhas milloras e cambios na actividade:

Cambiar as datas de exposición dos contos aos nen@s e facilitar a utilización académica dos mesmos.

Mellorar os textos e entonación dos mesmos

Probar conto interactivo

Decidir os temas ou valores dos contos deste ano

Asi mesmo,veríamos si nos animamos a facer algunha actividade distinta ou complementaria.

 

Dende aquí aproveitamos a ocasión para invitar a toda a comunidade educativa a formar parte do grupo de Contacontos do cole.

LOTERIA NADAL ANPA O PIÑEIRO - 2012

20120922140804-loteria.jpg

Como en anteriores anos,volvemos ca lotería de Nadal para colaborar ca excursión de fin de curso de 6º.

Aqueles que estedes interesados nela podedes encargala a calquera membro da Anpa ou rapaz de 6º. Son 5 € ( Se xogan 4 € e donativo 1 €)

Moitas grazas e boa sorte a todos

 

Reunión Actividades Extraescolares Curso 2012/2013

Mañà día 27 de setembro ás 17:00h celebrarase unha reunión no salón de actos do colexio,con motivo de informar e aclarar dúbidas sobre as Actividades Extraescolares que se realizarán neste centro no presente curso.