Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2012.

LUDOTECA DE VERANO

Sois muchos los padres que nos estáis preguntando si este año se va a organizar ludoteca de verano en el Piñeiriño.

En principio parece ser que el Concello tiene previsto ofertar 50 plazas de 3-7 años.

Por ahora no podemos concretar nada seguro,pues aún no nos lo han confirmado.

Tan pronto como tengamos la información completa os la haremos llegar.

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN-(Ludotecas)

20120514164621-1.jpg

Aquí vos deixamos a información que tanto nos solicitachedes sobre as ludotecas.
 

O servizo de CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2012 é un programa socioeducativo
e de lecer de apoio á infancia, co obxetivo de conciliar as
responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que
garante a igualdade de oportunidades.

A actividades inclúen obradoiros artistico creativos, manualidades, xogos
guiados e libres. Destácase un clube de lectura e un obradoiro de inglés
semanal: Funny English.



Destinatarios/as.

Nenos e nenas nados entre o ano 2005 e 2008,  empadroados no Concello de
Vilagarcía de Arousa.



Lugar e Data.

Desenvolverase do 2 de xullo ao 31 de agosto de 2012, no Ceip A Escardia, no
Ceip do Piñeiriño e no Ceip Arealonga



Horario.

O horario establecido será de 9.00 a 14.00 h.  establecendo un tempo de
merenda a media mañá. Poderá optarse como horario de entrada entre as 9.00 h
e 9.10 e as 10.00 h e 10.10 h e como horario de saída entre as 13.00 h e
13.10 h e as 13.50 e as 14.00 h.



Proceso de selección: No caso de haber máis solicitudes que prazas, se
accederá ao servizo tendo en conta a orde de puntuación acadada trala
baremación correspondente.

 

Información máis detallada:

 

BASES DO SERVIZO DE CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2012

 

Artigo 1. O servizo de CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2012 é un programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxetivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.

A actividades inclúen obradoiros artistico creativos, manualidades, xogos guiados e libres. Destácase un clube de lectura e un obradoiro de inglés semanal: Funny English. 

 

Artigo 2. Obxectivos.

 Os obxectivos do servizo son:

-          Reforzar a igualdade de oportunidades.

-          Desenvolver actividades socioeducativas e de lecer de apoio á infancia.

-          Previr sitacións de  vulnerabilidade e  exclusión social nos/as menores.

-          Contribuir á mellora das condicións de vida e sociais dos/as menores do noso contorno.

-          Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias.

-          Facilitar o disfrute e a calidade do tempo de lecer dos/as menores

-          Favorecer o desenvolvemento integral do neno/a: desenvolvemento motor, intelectual e socioafectivo.

-          Favorecer a autonomía e a libertade do neno, potenciando a súa creatividade e imaxinación.

-          Favorecer o proceso de socialización dos rapaces.

 

 

Artigo 3. Destinatarios/as.

 O Servizo está dirixido aos nenos e nenas nados entre o ano 2005 e 2008,  empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa.

 

Artigo 4. Lugar e Data.

Desenvolverase do 2 de xullo ao 31 de agosto de 2012, no Ceip A Escardia, no Ceip do Piñeiriño e no Ceip Arealonga  

 

Artigo 5. Horario.

O horario establecido será de 9.00 a 14.00 h.  establecendo un tempo de merenda a media mañá. Poderá optarse como horario de entrada entre as 9.00 h e 9.10 e as 10.00 h e 10.10 h e como horario de saída entre as 13.00 h e 13.10 h e as 13.50 e as 14.00 h.

 

Artigo 6. Prazas.

O número de prazas coas que conta o Servizo de Campamentos urbanos   de Verán  é de 150 prazas repartidas do seguinte xeito:

  • 50 no CEIP A Escardia
  • 50 no CEIP do Piñeiriño
  • 50 no CEIP Arealonga  

No caso de haber máis solicitudes que prazas, se accederá ao servizo tendo en conta a orde de puntuación acadada trala baremación correspondente.

 

Artigo 7. Solicitudes e Proceso de Selección.

1. Solicitudes: As familias deberán presentar unha única ficha de inscripción facilitada na Concellería de Xuventude, acompañada da documentación indicada no Anexo I. As solicitudes deberán ser presentadas no  Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa en horario de 9.00 a 14.00 h.

O prazo de presentación das solicitudes será do 15 ao 26 de maio .

2. Proceso de Selección:

O proceso de selección será o seguinte:

-          Baremación das solicitudes e documentación. Con igualdade de puntuación a obtención da praza será por sorteo público. Data do sorteo en caso de empate:  o 25 de xuño ás 9.00 h.

-          Publicación dunha listaxe provisional de admitidos/as coas puntuacións acadadas o  14 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, nos departamento de Xuventude e  na páxina web do Concello.

-          Presentación de reclamacións: do 14 ao  19 de xuño  no Rexistro Xeral do Concello.

-          Publicación de listaxe definitiva de admitidos/as o 26 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, nos departamentos de Xuventude e  de Servizos Sociais e na páxina web do Concello.

-          Confirmación da praza co pago da matrícula entre o 26 e o 29 de xuño na tesoureiría. Deberase,  ademais, presentar a copia do xustificante do pago  da matrícula o primeiro día de asistencia ao campamento urbano ao coordinador/a do mesmo

-          Finalizado o prazo de selección procederase ao arquivo dos expedientes. En ningún caso se procederá á devolución da documentación presentada.

 

Artigo 8. Listaxe de agarda.

Publicada a listaxe definitiva dos/das admitidos/as confeccionarase unha listaxe de agarda cos/as solicitantes excluídos, que seguirá a orde que resulte da baremación.

En función das baixas que se produzan na actividade os nenos/as entrarán no servizo seguindo a orde na que figuren na lista.

 

 

Artigo 10. Criterios de selección.

A selección fárase en base ó baremo indicado no Anexo II destas bases, valorando a situación de ocupación laboral e sociofamiliar.

 

Artigo 11. Causas de baixa.

Causaráse baixa no servizo por:

-          solicitude dos pais, nais, titores ou representantes legais.

-          incumprimento reiterado das normas.

-          non asistencia sen causa xustificada durante un período de  3 días consecutivos  

-          non presentación do xustificante de pagamento o primeiro día de campamento urbano

 

Artigo 12. Dereitos e Obrigas dos usuarios/as.

a) Dereitos dos usuarios/as:

1-         Bo trato, por parte do persoal do servizo e dos demáis usuarios.

2-       A confidencialidade sobre os seus datos sanitarios, económicos e sociofamiliares.

3-       Proporcionarlle a atención socioeducativa precisa para o seu desenvolvemento integral.

4-       Favorecer a súa participación nas actividades do servizo.

 

b) Obrigas dos usuarios/as:

1-         Cumprir as normas establecidas para o bo funcionamento do servizo, indicadas no Anexo III destas bases.

2-       Manter unha actitude de respeto e consideración co persoal e cos demáis usuarios.

 

Artigo 13. Cota.

No referente a cota a aboar polos/as usuarios/as:

  1. Establécese unha cota por usuario de 100 € por obradoiro.
  2. O prazo para efectuar o pago da cota establécese do 27 ao 29 de xuño, previa solicitude da carta de pago no departamento de Rendas
  3. Aqueles usuarios/as que teñan unha irmá ou irmán no servizo terán unha bonificación engadida do 50% na cota que teñan que aboar polo segundo/a neno/a.
  4. Terán a mesma reducción do 50% as familias numerosas
  5. O 10% de prazas reservadas por campamento urbano para a adxudicación segundo criterio dos Servizos Sociais poderán estar exentas de pago en base ao informe expedido polos técnicos deste departamento e baseado na situación socioeconómica familiar
  6. Será requisito imprescindible a presentación da  copia do xustificante de pago que será entregada aos monitores/as o primeiro día de obradoiro
  7. A solicitude da carta de pago implica a obrigatoriedade do pago da cota correspondente.
  8. Non se procederá á devolución da cota en ningún caso.

 

 

Artigo 14. Seguemento e Avaliación.

O seguemento do servizo realizarase mediante parte de asistencia, de incidencias e a comunicación e coordinación co persoal e cos/as usuarios/as do servizo, establecéndose unha avaliación contínua do mesmo que deberá reflexarse nunha memoria final.

 

 

 

 

 

 

Anexo I

Documentos que se teñen que achegar debidamente cotexados:

1-         Fotocopia do DNI do pai, nai, titor/rao ou representante legal do/a menor

2-       Fotocopia do DNI do/a neno/a participante ou da folla correspondente do libro de  familia

3-       Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar actualizado

4-       Documento xustificativo da situación laboral (certificado orixinal da vida laboral actualizada ou nómina do mes de abril e no caso dos/as solicitantes desempregados/as, o certificado do Inem ou tarxeta de desemprego (copia compulsada)

5-       Familia monoparental (entenderase por familia monoparental a unidade familiar formada por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conyugal e sempre que o outro proxenitor/a non contribúa económicamente ao seu sustento: fotocopia compulsada do libro de familia, certificado de convivencia e sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno filiais. (copias compulsadas)

6-       Fotocopia compulsada de título de familia numerosa

A falta de presentación dalgún destes documentos dentro do prazo de solicitude establecido suporá a renuncia implícita a ser valorado na epígrafe correspondente do baremo que se recolle no anexo II.

 

Anexo II

BAREMO

Situación sociofamiliar e ocupacional:

1-         Familias nas que traballen os dous proxenitores, e as familias monoparentais que xustifiquen actividade laboral extraída do informe de vida laboral ou nomina do mes de abril : 8 puntos

2-       Familias onde soamente un proxenitor/a estea en situación laboral activa: 4 puntos

3-       Familia numerosa: 4 puntos.

4-       Familia monoparental: 4 puntos.

O Concello reserva un 10% das prazas ofertadas en todos os campamentos urbanos para os Servizos Sociais

 

 

Anexo III

Normas para o bo funcionamento do servizo CAMPAMENTOS URBANOS  DE VERÁN

 

1-         Ao inicio do servizo os pais/nais titores ou responsables legais deberán cubrir unha ficha de matricula facilitando un teléfono de contacto para o persoal do centro durante a prestación do servizo. Asemesmo, deberán asinar as autorizacións para: asistencia ás actividades do servizo, administración de medicamentos (se fose necesario e indicando horas, dose e receta médica), trasladar ao neno/a en caso de emerxencia, recollida doutra persoa do/a neno/a.

2-       Os/as nenos /as deberán asistir ao servizo en condicións de hixiene axeitadas.

3-       No caso de o/a neno/a estea enfermo/a, teña febre, diarrea ou vómitos aconséllase deixalo/a na casa ata a completa curación.

4-       Os/as nenas deberán cumprir os horarios de entrada e saída da ludoteca.

5-       En caso de non asistencia ao servizo, deberá ser comunicada e xustificada.

6-       Os alimentos para a merenda serán aportados polas familias, seguindo unha dieta saudable e equilibrada para os nenos/as.

7-      En todo momento, primará o bo trato, o respeto e a comunicación axeitada entre as familias, os/as nenos/as, e os técnicos do servizo. 

8-      Para o acceso á actividade será requisito imprescindible a presentación da copia do xustificante de pago o día de incorporación ao obradoiro.

Fuente:Concello Vilagarcía

 


Aberto o prazo de solicitude de prazas para participar no Conciliatardes o vindeiro curso escolar

20120518112620-1.jpg

As familias con fillos de entre 3 e 9 anos de idades que precisen dunha alternativa de conciliación de cara ao vindeiro curso escolar, xa poden solicitar praza no programa promovido pola Concellería de Traballo e Benestar a través da súa Área de Servizos Sociais. O programa desenvolverase no centro de Formación Permanente de Matosinhos entre setembro deste ano e xuño do 2013, en horario de tarde-noite ,e disponse de 35 prazas. O prazo de solicitude remata o día 13 de xuño.

Conciliatardes-Tardes coa Infancia é un programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia e que ten como obxectivo favorecer a conciliación das responsabilidades familiares, persoais e profesionais, ao mesmo tempo que garantir a igualdade de oportunidades. A través desta iniciativa, o Concello proporciona unha alternativa aos pais e nais que traballan para garantir o coidado dos seus fillos fora do horario escolar e ata o remate da xornada laboral dos proxenitores. 

O servizo do Conciliatardes prestarase nas dependencias nas dependencias do Centro de Formación Permanente de Matosinhos coincidindo co calendario escolar. As sesións realizaranse de luns a venres, en horario de 15:30 a 21:00 podendo os interesados coller a xornada completa ou a media xornada, en función das necesidades particulares de cada familia.
Así, rematada a xornada escolar, os pais poderán desenvolver as súas responsabilidades laborais sabendo que os seus cativos permanecen convenientemente atendidos por profesionais e desenvolvendo un completo programa lúdico e educativo. 

As bases e o formulario para solicitar praza pódese recoller nas oficinas de Servizos Sociais ou imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipalhttp://www.vilagarcia.es . O formulario debe entregarse no Rexistro do Concello, dentro do prazo previsto, cuberto e coa documentación que se indica nas bases.

Bonificacións e exención
Como sempre, o programa prevé diversas bonificacións para reducir a cota mensual a abonar polos usuarios, e que se aplican en funcións dos ingresos da unidade familiar. O cota xeral non superará os 80 euros, que pode reducirse nun 25, 50, 75% e ata quedar totalmente exenta de pago en base aso tramos de