Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2012.

NOVO CONTO 2º TRIMESTRE

20120208220924-golfinos.jpg

Como sabedes, a ANPA e os profes do Colexio,estamos a levar adiante un Grupo de traballo Contacontos para facilitar que as nais e pais que así o desexen,poidan dun xeito sinselo e sen moito stress,leerlle un conto a seu nen@ no salón de actos do cole.

No pasado 1º trimestre, preparamos e leemos o conto "Os nenos que falaban cos golfiños", e saiu bastante ben.

Gracias ao bo facer de tódalas nais e pais participantes e gracias,tamén por suposto, ao traballo dos profes Germán,Román, a participación de todolo profesorado e a continua atención de Lolo.

Neste 2º trimestre pensamos preparar o conto "Severino, o pavo máis orgulloso e solitario da Illa de Cortegada",e como no anterior conto, as nais e pais poden participar leendo unha parte do conto diante da clase do seu nen@.Esto farase na semán anterior a Semana Santa e xa vos avisaremos con tempo dos horarios de cada clase.

Pero si queredes participar máis,todos os mércores, as 18:30 h, no salón de actos do cole, se reúne o Grupo de Contacontos para preparar a lectura, ver como os nosos músicos levan as cancións e ir mellorando todo o posible este segundo conto.Si vos animades a participar !Estupendo! E para calquera dúbida podedes falar con calquer membro da ANPA, nai-pai do Grupo de Contacontos ou deixa o teu comentario neste blog.

Neste segundo conto pensamos mellorar algunhas cousas. Así faremos unha versión máis curta para os pequenos e máis complexa para os nen@s máis maiores. Queremos mellorar tamén o tema das cancións e a información a tódolas nais e pais.

E por suposto recibiremos con moito gusto calquera aportación que nos queirades transmitir.

ENTROIDO 2012

20120208222057-golfinos.jpg

 

Informamos a tódolos pais do cole, que este vindeiro venres día 10 a partires das 16:30 h no patio cuberto do cole, imos a levar a cabo a primeira xuntaza para comenzar cos traballos da elaboración da carroza do entroido e traxes. Este ano seremos “Bruxos e bruxas” coma os nenos de infantil.  Como xa sabedes, necesitamos a colaboración de todos para botar unha man. ¡ESPERÁMOSVOS! Cantos máis sexamos mellor.

Aproveitamos esta circular,para comunicar que todos aqueles que queiran participar no desfile do martes de entroido ( 21 febreiro), deberán cubrir o impreso adxunto e deixalo na furna da entrada do cole, para saber cantos traxes temos que facer e tallas. Este ano intentaremos que os socios da Anpa que participen, poidan ter os seus traxes gratis.

 

Persoas que van a participar :

 

Nome e apelidos alumno: …………………………………………………………………………………………

Nome nai: …………………………………………………………………………………………………………………..

Nome pai : …………………………………………………………………………………………………………………

Telf contacto: ……………………………………………………………………………………………………………

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012

 

Prestación económica de pagamento único por fillos menores de 3 anos

 

Artigo 1. Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas cales se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2012.

Artigo 2. Persoas beneficiarias.

1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2.1.2009 e o 1.1.2012, inclusive) e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

Máis información:

 http://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/MENORES_3.pdf

ENTROIDO 2012 NO COLEXIO

 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes terroríficas do entroido de este ano.

Se a alguen lle molesta a publicación dalgunha foto que nos avise, e será retirada de inmediato.

 

ENTROIDO VILAGARCÍA 2012

Aquí os dejamos nuestro paso por el desfile de este año."As bruxas e magos do Piñeiriño"

 

Arousa.Tv