Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2012.

BUXOLA EDUCATIVA

Benqueridas nais e benqueridos pais:


Desexo que esteades a pasar un extraordinario verán, de descanso, de convivencia familiar co fin de recargar pilas e vir con moitas ganas de traballar en setembro.

Diríxome a vós por dúas cousas, unha, que habería que indicarlle ao maior número de familias que adiantaran as compras de material escolar diante da subida do IVE o día 1 de setembro, pero sen compras compulsivas e desmedidas, conviña falar coas librerías e pensar en ideas para abaratar costes.

Segunda, veño de crear un blog para o Departamento de Orientación do noso colexio, botállede unha ollada e espalládeo:

BUXOLA EDUCATIVA

www.pineirinoorienta.blogspot.com.es 

Gracias, seguide a disfrutar do verán e das festas,

Xermán Torres

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

20120831095823-1.jpg

O Concello destina 7.000 euros ás axudas para a compra de material escolar para alumnos de 0 a 6 anos

 
O Concello convoca un ano máis as axudas para a adquisición de material escolar do para alumnado de Educación Infantil. As subvencións serán dun máximo de 50 euros por alumnos e concederanse en función da situación socio económico da unidade familiar co obxectivo de que as axudas cheguen a quen más as precisa.As familias interesadas poderán tramitar as súas solicitudes durante todo o mes de setembro nas dependencias municipais.

 

O Concello creou esta liña de axudas para cubrir o baleiro existente no Ensino Infantil (de 0 a 6 anos), para o cal non se concedían subvencións a través de ningunha outra administración, como ocorre coas demais etapas da educación Obrigatoria. As axudas municipais están dirixidas ao primeiro e segundo ciclo de Infantil de alumnado residente no municipio e matriculado en centros de Vilagarcía sostidos con fondos públicos e escolas infantís autorizadas. A partida disposta este ano polo Concello para financiar estas axudas ascende a 7.000 euros. 

As familias interesadas en solicitar as axudas deben cubrir o formulario que poden obter nos departamentos de Educación ou Servizos Sociais do Concello, así como no servizos de Información Municipal ou a través de internet, imprimindo o documento pendurado no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.es/tablon/rtdo.asp?idtipo=2, onde tamén se poden consultar as bases que rexen a convocatoria. A folla de solicitude, xunto coa documentación que se sinala nas bases, debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prazo para vai do 1 ao 30 de setembro.


Fuente: Concello Vilagarcía