Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

CABALGATA REIS 2013

CABALGATA REIS 2013

Tal e como se acordou na Asamblea do pasado día 5, o non haber pais que quixesen participar na cabalgata de reis,A Anpa o Piñeiro este ano non participa como tal.

Aquí deixamos información por si alguén ten interés en participar pola súa conta.

 

Os nenos e nenas maiores de 8 anos que desexen ir nas carrozas da Cabalgata deben anotarse o martes no Auditorio
A Concellería de Cultura abre este ano á participación individualizada dos nenos e nenas na Cabalgata de Reis. Os rapaces que desexen ir nas carrozas ou no tren turístico que acompaña a comitiva real poderán facelo sen necesidade que que participen a través das Anpas dos colexios ou doutros colectivos. Para reservar praza deberán acudir o martes, 18 de decemebro, ao Auditorio Municipal onde se tramitarán as inscricións dende as nove da mañá ata as dúas da tarde.

 

Os únicos requisitos que deben cumprirse para poder participar é que os nenos deberán disfrazarse na casa, xa que o vestiario do que dispón o Concello préstase as Anpas dos colexios para os grupos que fan o percorrido a pé. Para ir nas carrozas dos Reis, os rapaces deben ter os 8 anos cumpridos, e ir disfrazados de paxes. 

Os nenos de menor idade tamén poderán ver de cerca a Melchor, Gaspar e Baltasar e acompañalos no seu percorrido polas rúas da cidade de xeito cómodo, xa que o Concello disporá para eles o tren turístico. Neste caso, os nenos terán que ir acompañados dun adulto que se faga responsable deles e tanto os cativos como os seus acompañantes deberán ir disfrazados de paxes, pastorciños, anxos ou calquera outro motivo relacionado coa celebración. Deste xeito preténdese dar maior vistosidade á Cabalgata xa que en anos anteriores, a presencia de persoas vestidas de rúa participando no percorrido restaba espectacularidade ao evento que tanto ilusiona especialmente aos máis pequeno da casa.

Nas seis carrozas que van á Cabalgata poderán subirse un total de 60 nenos, mentres que o tren ten capacidade para 50 persoas.

Fuente:Concello Vilagarcía

0 comentarios