Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Payasolandia regresa ao Auditorio co espectáculo “Princesa de los niños”


O espectáculo Payasolandia regresa ao Auditorio de Vilagarcía cunha nova montaxe dirixida a sorprender e facer pasar unha tarde do máis divertida a o público familiar, especialmente aos máis cativos da casa. A nova montaxe da compañía leva por título “Princesa de los niños” e representarase o domingo 7 de outubro a partir das cinco da tarde. As entradas poderanse comprar o mesmo día da función no Auditorio ao prezo de 9 euros na zona , 7 na B e 5 na C. A billeteira do Auditorio estará aberta ese domingo de 11 a 14 horas pola mañá e de 16 a 17 horas pola tarde.

 “Princesa de los niños” é un espectáculo para todos os públicos que inclúe grandes dosis de humor, música e baile. A historia comeza co mundo da fantasía totalmente revolucionado e cun dos seus habitantes, o monstro bo, Sulley, moi enfadado porque odia a felicidade dos demáis, e non soporta a música e as cancións. E por ista razón que Sulley aparece no escenario de Payasolandia para robarlle a voz a Marilyn, a Princesa dos Nenos e coa intención de facela desaparecer diante do público para acabar coa felicidade do reino.

Entre audaces magos ilusionistas, os personaxes máis coñecidos da actualidade e o humor dos famosos pallasos galegos Víctor e Rampín, o destino quererá que todo teña un final feliz e que Marilyn volva a reaparecer diante do público e recuperar a súa voz para continuar sendo a Princesa dos nenos.

 

Fuente: ivilagarcia.com

0 comentarios