Facebook Twitter Google +1     Admin

Igualdade organiza unha nova edición do obradoiro infantil de cociña e tarefas do fogar

20120618211441-1.jpg
A Área de Igualdade da Concellería de Traballo e Benestar organiza unha nova edición dos obradoiros infantís de cociña e tarefas do fogar “Ei tamén sei cociñar”. Corenta nenos e nenas de 6 a 9 anos de idade poderán participar na actividade que se impartirá entre o 1 de agosto e o 6 de setembro co obxectivo de promover e avanzar nos temas da igualdade e a corresponsablilidade. A actividade será de carácter gratuíto e desenvolverase nas casas da cultura de Bamio, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira e Cornazo. A inscrición pódese facer a partir do 18 de xuño no departamento de Igualdade.


 A actividade enmárcase dentro do II Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía, por unha parte na área de Calidade de vida, materializando o seu obxectivo 3 : “Visibilizar a sobrecarga de traballo que soportan as mulleres derivada da dobre xornada así como as súas consecuencias, e fomentar a corresponsabilidade” e por outra banda na área de Educación en Igualdade, de cara a consecución do seu obxectivo 1: “ Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de actividades formativas, de difusión e de sensibilización”

Tamén responde aos obxectivos propostos dentro do I Plan de Conciliación da vida persoal, familiar e profesional da cidadanía de Vilagarcía de Arousa, e que pretende que dende as administracións públicas se facilite a conciliación, non só a través dapromoción da corresponsabiliadade social, senón tamén mediante a adecuación dos servizos ás necesidades da cidadanía.

A idea de dirixir a iniciativa ao sector da poboación de 6 a 9 anos é que a estas idades xa poden enfrontarse a realizar receitas sinxelas e a esta idade é máis fácil reeducalos e romper estes esterotipos sexistas.

Para acadar esta meta, solicitarase a colaboración dos pais e nais dos nenos que acudan ao obradoiro de xeito que esta labor educativa esténdase ao ámbito do fogar, desenvolvendo o neno ou nena na súa casa unha tarefa semanal que se lles será comentada no obradoiro, tal como poñer a mesa, facer as camas ou a lista da compra.

No curso os nenos e nenas aprenderán a realizar pratos básicos e sinxelos, a amasar pan, a facer pizzas e ata pasteis. Tamén aprenderán hábitos saudables, conduta na mesa, así como aspectos de organización como o de pensar nunha dieta equilibrada, a lista da compra, etc... 

Os obradoiros impartiranse en horario de 10.00 a 13.00 horas e os a pedagoga e Axente de Igualdade do departamento municipal. Está dirixido a nenos e nenas de todo o municipio, aínda as sesións celebraranse nos centro culturais que dispoñen de cociña. Deste xeito, os luns, serán no centro cultural de Bamio, os martes no de Cornazo, o mércores en Trabanca Badiña e os xoves, en Trabanca Sardiñeira. En total ofértanse 40 prazas e serán os pais e as nais, ou as persoas responsables da nena ou neno, os que se encargarán do seu traslado ao centro e da súa recollida.

O prazo de inscrición será do 18 ao 29 de Xuño nas dependencias da Área de Igualdade, onde se poderá recoller a folla de solicitude e consultar as bases de participación. 

Fuente: Concello Vilagarcía

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.