Facebook Twitter Google +1     Admin

O programa Letras Vivas regresa á Biblioteca cun contacontos familiar a desenvolver o sábado pola mañá

20120614135517-libros.jpg

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro acolle o sábado unha nova sesión de contacontos dirixido ao público familiar. A actividade enmárcase no programa Letras Vivas copatrocinado pola Consellería de Cultura et en como destinatarios a pai se alumnos da Escola Infantil Municipal. A narradora Fátima Fernández será a encargada de animalos a gozar dos libros a través da representación do espectáculo “Animais na biblioteca!”.

Esta nova sesión de animación á lectura par aos máis cativos da casa celebrarase nas dependencias da sección infantil da Biblioteca a partir das 11:30 horas do sábado. Trátase dunha actividade gratuíta que ten como fianlidade a promoción do libro e da lectura a idades temperás, a efectos de que os activos vaian adquirindo e interiorizando o hábito a manexar libros.

A narradora, Fátima Fernández é mestra en Educación Especial e educadora social e leva 16 anos contando historias en colexios, bibliotecas e feiras de libros. O espectáculo de animación á lectura que trae a Vilagarcía titúlase “Animais na Biblioteca!” e xira en torno a tres contos nos que se conxugan cancións, palabras e ritmos. A través do mundo dos animais, a narradora amosa aos activos os sentidos recorrendo ás cores, sons e mesmos aos olores da fauna. Trátase dunha actividade dinámica e interactiva, e no último conto terán que participar pais e fillos.

Fuente:Concello Vilagarcía

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.