Facebook Twitter Google +1     Admin

Axudas libros de texto -Curso 2012/2013

ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisiciónde libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementariodestinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educaciónsecundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondospúblicos, no curso escolar 2012/2013

Obxecto da convocatoria e procedemento

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2012/2013, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Gratuidade solidaria: lugar e prazo de presentación

 

Lugar de presentación.

As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2012/2013.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.

d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2013.

Gratuidade solidaria: solicitudes e documentación

 

1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.

Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.  (Acceder á aplicación)

2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2010:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.


O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.

O alumnado cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 65%, xunto coa solicitude da axuda.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.

3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

Gratuidade solidaria: contía das axudas

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2010:

Educación primaria:

  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

 

Educación secundaria obrigatoria:

  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 104 €.

No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha minusvalidez igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.