Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Aberto o prazo de solicitude de prazas para participar no Conciliatardes o vindeiro curso escolar

Aberto o prazo de solicitude de prazas para participar no Conciliatardes o vindeiro curso escolar

As familias con fillos de entre 3 e 9 anos de idades que precisen dunha alternativa de conciliación de cara ao vindeiro curso escolar, xa poden solicitar praza no programa promovido pola Concellería de Traballo e Benestar a través da súa Área de Servizos Sociais. O programa desenvolverase no centro de Formación Permanente de Matosinhos entre setembro deste ano e xuño do 2013, en horario de tarde-noite ,e disponse de 35 prazas. O prazo de solicitude remata o día 13 de xuño.

Conciliatardes-Tardes coa Infancia é un programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia e que ten como obxectivo favorecer a conciliación das responsabilidades familiares, persoais e profesionais, ao mesmo tempo que garantir a igualdade de oportunidades. A través desta iniciativa, o Concello proporciona unha alternativa aos pais e nais que traballan para garantir o coidado dos seus fillos fora do horario escolar e ata o remate da xornada laboral dos proxenitores. 

O servizo do Conciliatardes prestarase nas dependencias nas dependencias do Centro de Formación Permanente de Matosinhos coincidindo co calendario escolar. As sesións realizaranse de luns a venres, en horario de 15:30 a 21:00 podendo os interesados coller a xornada completa ou a media xornada, en función das necesidades particulares de cada familia.
Así, rematada a xornada escolar, os pais poderán desenvolver as súas responsabilidades laborais sabendo que os seus cativos permanecen convenientemente atendidos por profesionais e desenvolvendo un completo programa lúdico e educativo. 

As bases e o formulario para solicitar praza pódese recoller nas oficinas de Servizos Sociais ou imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipalhttp://www.vilagarcia.es . O formulario debe entregarse no Rexistro do Concello, dentro do prazo previsto, cuberto e coa documentación que se indica nas bases.

Bonificacións e exención
Como sempre, o programa prevé diversas bonificacións para reducir a cota mensual a abonar polos usuarios, e que se aplican en funcións dos ingresos da unidade familiar. O cota xeral non superará os 80 euros, que pode reducirse nun 25, 50, 75% e ata quedar totalmente exenta de pago en base aso tramos de 


0 comentarios