Facebook Twitter Google +1     Admin

Para as nais e pais do CEIP “O Piñeiriño” que desexen colaborar contando un conto a seus fill@s no cole.

20111124134209-1.jpg

Tal como explicamos na pasada asamblea, a ANPA e o profesorado do CEIP “ O Piñeiriño”, temos constituido un pequeno grupo de traballo para montar contos que se podan leer e cantar aos nen@s no horario escolar e deste xeito facilitar a participación das nais e pais que por as razóns que sexan, non poden ir a contar directamente eles, un conto ao cole.

¿Cómo sería esta participación?. O grupo de traballo ten feito xa o texto a leer das diversas partes do conto, as cancións que se cantarían ao final de cada parte (as nais e pais poden axudar a cantar si así o desexan, xa hai persoas e instrumentos preparados para facilitar que os nen@s canten). En cada parte do conto están separados os diversos parrafos da historia. Cada nai/pai que quera colaborar pode leer un destes parrafos. A leitura de cada parte do conto vai acompañada dun fondo en Powerpoint e musica para facer máis facil a atención e o pequeno stress que poda supoñer  leer ese parrafo.

 

O conto que temos preparado é : Os nen@s que falaban cos golfiños :

 

Para que cada nai e pai poda participar na leitura do conto na clase de seu fill@, temos feito un calendario dos diversos días, clases e horas que se leería o conto no cole. Mirade este horario e marcade (xunto cos vosos datos e  medio de avisaros) que opción escolledes para que podamos organizar a participación das nais/pais que así o desexedes

Graciñas pola vosa atención. Grupo Contacontos.

CEIP “O Píñeiriño”

 

(parte para recortar e entregar a calquera membro da ANPA ou profes German (Secretario CEIP) e Roman (xefe de estudos) ou ben meter na furna que colocaremos a ANPA )

 

Nai / Pai : Nome e apelidos :...............................................................................................

Medio de poñernos en contacto e avisarnos : Tfo, email……………………………….

 

Calendario – Mes Decembro 2011: (subraiar-Marcar a sesión que podades-querades ir)

 

Día 12             1ª Sesión--: 10.00-10.30 – NEN@S 5 ANOS (A + B) 48 nen@s

                        2ª Sesión--: 10.30-11.00 – 1º PRIMARIA (A + B) 42 nen@s

 

Día 13             1ª Sesión--: 12.50-13.10          - 2º Primaria (A + B) 54 nen@s

                        2ª Sesión--: 13.10-13.40          - 3º Primaria (A +B) 45 nen@s

 

Día 14             1ª Sesión--: 12.50-13.10          - 4º + 5º º Primaria  68 nen@s

                        2ª Sesión--: 13.10-13.40          - 6º Primaria  38  nen@s

Comentarios » Ir a formulario



gravatar.comAutor: Xermán Torres

Noraboa a todos os pais e nais, a experiencia do contacontos foi magnífica para repitir. Ánimo.

Fecha: 31/07/2012 17:43.


Añadir un comentario



No será mostrado.