Facebook Twitter Google +1     Admin

EXCURSION FIN DE CURSO A ILLA DE ONS

O vindeiro domingo,26 de xuño, farase unha excursión á Illa de Ons con saída dende Vilagarcía.O itinerario é o seguinte:

- Saída dende o Porto Deportivo de Vilagarcía ás 9:15 horas.

- Saída de Ons ás 18:30 horas.

Cada familia poderá levar a súa comida ou comer nos restaurantes que hai alí.

Os prezos son os seguintes:

- SOCIOS (nen@s,pais e irmáns): 6 €/persona

- NON SOCIOS: 13 €/ persona

O pago da excursión farase no cole, onde estarán membros da Anpa, de 9:30 a 10:00 horas,dende o día 14 martes ata o luns 20.

Deberán traer cuberta a ficha cos datos dos asistentes e entregaráselle un recibo que terán que presentar o día da excursión para acceder ao barco.

Si a excursión fora suspendida por mal tempo devólveranse os cartos en setembro ao comenzo do curso.

Unha vez pagada a excursión,os que non asistan non se lle devolverán os cartos.

 

Comentarios » Ir a formulario

anpaopineiro

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.