Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Teatro, circo, obradoiros e lectura para toda a familia compoñen a oferta da Festa na Rúa para esta Semana Santa

Teatro, circo, obradoiros e lectura para toda a familia compoñen a oferta da Festa na Rúa para esta Semana Santa

A Concellería de Xuventude e Solidariedade vén de presentar unha nova edición da “Festa na Rúa”, a programación lúdica e cultural dedicada a un público familiar que se desenvolverá durante o período vacacional da Semana Santa. Teatro, cnumeros circenses, obradoiros e animación na rúa compoñen esta entretida oferta a realizar ao aire libre e que este ano se completa cunha actividade de roco de libros titulada “Lendo na Rúa”.

As actividades da Festa na Rúa” desenvolveranse do 18 ao 20 de abril na chaira do Auditorio a partir das seis da tarde. Como é costume, a participación nos actos é libre e de balde. O departamento que dirixe Ana Lorenzo encargou o desenvolvemento do programa á empresa Cultura Activa, que xa ten traballado para o Concello de xeito satisfactorio e que ademais ten o atractivo engadido para a Concellería de Xuventude e Solidariedade de que destina parte dos seus beneficios ao financiamento de proxectos de cooperación.

O luns 18 de abril ábrese o programa coa representación de “Dous pallasos en apuros” un espectáculo da compañía Os Sete Magníficos que mestura teatro, clown, farsa e técnicas do circo clásico e que inclúe unha vertente educativa ao aparecer personaxes literarios como El Quijote ou Guillermo Tell. Trátase dunha representación dinámica e moi divertida da que poderán gozar por igual nenos, mozos e adultos.

O martes, 19 no mesmo escenario e tamén a partir das seis da tarde desenvolveranse obradoiros nos que tamén poderán participar persoas de tódalas idades. Haberá actividades de papiroflexia, fimo, abelorios, broches de feltro....)

As actividades do programa de Festa na Rúa remata o mércores 20 de abril co humor gamberro e reivindicativo de Peter Punk, que porá en escena o espectáculo “Chungo, chungo que te cagas”, merecedor de excelentes críticas e varios premios.

A última das actividades organizadas pola Concellería de Xuventude para este mes de abril ten como obxectivo celebrar o Día do Libro que se conmemora mundialmente o 23 de abril. Nesa data, que este ano cae en sábado, desenvolverase na Praza de Galicia a actividade denominada “Lendo na Rúa” consistente no troco de libros. A este espazo poderán acudir todas as persoas que o desexen e levar un libro que xa teñan lido para deixalo alí e recoller outros que desexen ler entre os que disporá a Concellería ou entre outros que teñan deixado outras persoa
 

 

 

 

 

2 comentarios

SU -

Eu tamén estudiei nas latas, qué recordos!

Antón Romero -

O que tal evolucionou o centro dende aqueles pavillóns prefabricados onde eu estudei. Poucos medios pero bos educadores. Agardo que así siga sendo(no que toca a bos educadores, os medios que sexan moito mellores). Saúdos
Http://cgruan.blogspot.com