Facebook Twitter Google +1     Admin

O Lectoriño regresa ao Auditorio do 7 ao 9 de abril con exposicións de libros, música, maxia, monicreques e teatro

20110331172250-1.png

Esta será a catorce edición do Lectoriño, un evento co que se conmemora o Día Internacional do Libro, que se celebra o 23 de abril, e que está deseñado para toda a familia e que conta con contidos atractivos para toda as idades. 

O programa desenvolverase o xoves 7, o venres, 8 e o sábado 9 de abril en horario de tarde. As actividades comezarán os tres días ás 17:30 horas coa apertura da sala de lectura e da mostra na que este ano amosan as súas novidades literarias para público infantil e xuvenil seis editoriais e na que tamén colaboran a delegación provincial da concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro.

Os asistentes poderán consultar e ver os libros, e tamén lelos comodamente na zona de lectura que se instalará na Sala de Conferencias e que na que se disporá de mobiliario axeitado (pufs, colchonetas, sillas e mesas...) par que os cativos poidan tomar contacto con cómics, contos e libros do xeito que máis cómodo lles resulte. 

A demais a zona de lectura estará ambientada dun xeito moi especial recreando os escenarios do conto “Lara, a escritora que aínda non sabía escribir” e que dará orixe a unha dos obradoiros a celebrar durante a mostra. Así, recrearanse tres dos espazos da obra que porá en escena o Centro Galego de Filosofía para nenos a través do seu Proxecto Miroscopio: O Bosque de Faxilde, A Parede Triste e A Parade Alegre, espazos máxicos creados mediante a utilización de material de refugallos como papel, cartón ou tea pintada.

O programa ábrese pois, o xoves 7 de abril ás cinco e media da tarde. As seis terá lugar a representación de Monicreques do conto “O traxe novo do rei” a cargo da compañía Tarabelos Teatro. Os actos da sesión inaugural pecharanse coa actuación da Banda de Música de Vilagarcia que para a ocasión preparou unha montaxe musical adaptada ao público infantil sobre a universal obra de Cervantes “El Quijote”.

O programa do venres inclúen un singular e divertido obradoiro que impartirá o centro galego de Folosofía para nenos” sobre o conto “Lara, a nena escritora que aínda non sabe escribir” e que comezará ás seis da tarde, media hora despois da apertura do Lectoriño. Ao remate desta actividade Teatro Caramuxo porá en escena a obra de monicreques “Historia dunha semente”. Será ás sete da tarde.

O sábado rematará esta nova edición do Lectoriño e para a ocasión Títeres Tanxarina representará o seu espectáculo de luvas titulado “O Narigudo”. A actuación comezará ás seis da tarde e unha hora máis tarde clausurarase a mostra do libro infantil e xuvenil de Vilagarcía cun espectáculo de maxia a cargo do Mago Cali.

A concelleira de Xuventude, Ana Lorenzo, salientou a importancia que ten para o desenvolvemento dos cativos familiarizarse cos libros dende moi pequenos, co obxecto de que vaian adquirindo o hábito de manexalos primeiro e, unha vez que aprenden a ler, lanzase á aventura da lectura. A edil lembrou que unha das principais causas do fracaso escolar é a falta dese hábito de lectura que implica que os nenos e adolescentes teñan moi limitado tanto o seu vocabulario como a capacidade de comprensión lectora, o que lles condiciona negativamente a aprendizaxe.

Lorenzo agradeceu a colaboración das editoriais e entidades que participan no Lectoriño tanto como patrocinadoras como de colaboradoras. Entre as primeiras, que son as que aportan libros que son doados ao Concello, figuran as editoriais Xerais, Kalandraka e Factoría K, Everest Galicia, Edicións do Castro e a delegación da Consellería de Cultura e Turismo de Pontevedra.

No apartado de colaboradoras participan nesta edición da mostra a Editorial Ir Indo, A Nosa Terra Edicións, Editorial Galaxia e a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Todas elas contribúen mediante o préstamo de libros.

Fuente:ivilagarcia.com

Comentarios » Ir a formulario

anpaopineiro

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.