Facebook Twitter Google +1     Admin

Campamentos verán 2011

20110315170918-1.png


CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

Podes escoller o campamento que queiras en función das actividades que se leven a cabo nel: actividades do mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de multiaventura....

Só tes que animarte a participar!

Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 22 de marzo

IDADES

Os participantes deben ter a idade requirida para o campamento que se solicita. En canto as idades mínima e máxima para poder participar na Campaña de Verán 2011, cómpre destacar:

  • Os nacidos no ano 1993 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Os nacidos no ano 2002 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
  • O incumprimento destas normas dará lugar a inadmisión da solicitude.

TIPOS DE SOLICITUDES

  • Individual
  • Múltiple (para o suposto de 2, 3 e ata 4 irmáns que pidan a mesma instalación e quenda e cumpran os requisitos de idade esixidos).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Vía escrita (utilizando o modelo oficial Anexo II A no caso de solicitude individualAnexo II B se a solicitude e múltiple). Poñer un enlace para poder despregar estes anexos.
  • Vía telemática. Os solicitantes deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509.V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moneda.

Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://www.xunta.es/servizos

Máis información :http://xuventude.xunta.es/campamentos-condicions-xerais.html


m

Comentarios » Ir a formulario

anpaopineiro

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.