Facebook Twitter Google +1     Admin

Os colexios de Vilagarcía incian os seus Almorzos saudables co apoio da concellería de Educación

A concelleira de Educación, Susana Camiño, o técnico Damián Rey, o odontólogo Constantino Lagarón e a hixienista dental do ambulatorio de San Roque, Ángela García, foron os encargados de presentar onte o programa de Almorzos saudables, que o luns se inician nos colexios de Vilagarcía. Nesta nova edición, os centros nos que se desenvolverá a iniciativa son o de Vilaxoán, O Piñeiriño, A Escardia e Rubiáns.

Serán os alumnos de 1º curso de Primaria, de seis anos de idade, quen gocen desta oportunidade. Algo que, explicou Lagarón, ten a súa explicación, xa que esta é a idade na que nos pequenos nace a primeira moa permanente. Este feito, bastante descoñecido, fai que a peza en cuestión sexa unha das máis descoidadas e castigadas pola carie, xa que os pais tenden a pensar que forma parte da dentadura de leite e que, como tal, caerá para ser reposta cando non é así. O momento, xa que logo, é idóneo.

O resumo do plan de almorzos inclúe tres cuartos ou medio litro de leito e un iogur ou unha porción de queixo, dúas ou tres racións de froita diarias, verduras e ensaladas todos os días, catro ovos semanais en forma directa (tortilla) ou indirecta (natillas), tres ou catro racións de carne e peixe semanais. cantidades variables de pan, pasta, arroz, legumes, patacas e galletas, só de cando en vez doces, chocolates e alimentos graxos, e nunca bebidas estimulantes. «Este programa é unha aposta polos cambios de hábitos, unha posta que pode resultar incluso divertida», concluíu a responsable municipal de Educación.

Fuente: La Voz de Galicia

Comentarios » Ir a formulario

anpaopineiro

gravatar.comAutor: Ana

Por fin nuestro concello se involucra un poco mas con nuestros niños que a diferencia de otros ayuntamientos mas pequeños vamos a la cola de actividades para estas personitas que son el futuro.

Fecha: 12/03/2011 21:48.


Añadir un comentario



No será mostrado.