Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Ravella abre a inscrición para particiar nun novo curso de gaita galega e pandeireta

Ravella abre a inscrición para particiar nun novo curso de gaita galega e pandeireta

A concellería de Cultura de Vilagarcía porá en marcha nas vindeiras semanas un novo curso de gaita galega, pandeireta e percusión, que será impartido polo gaiteiro Agustín Lorenzo. As clases terán lugar un día á semana de seis da tarde a dez da noite, dependendo do grupo e do instrumento ou instrumentos que se escollan, dado que os alumnos poderán elixir asistir a todas as clases ou só a aquelas que lles interesen. O curso está aberto ao público en xeral, aínda que a idade mínima que se aconsella é de sete anos.

Os interesados poden anotarse a partir de hoxe mesmo nas dependencias da concellería, ubicadas na planta baixa do auditorio. Tamén poden facelo a través do número de teléfono 986 512 600.

En función dos niveis estableceranse varios grupos. Ademais da gaita, percusión e pandeireta, os alumnos recibirán tamén clases de solfeo, coas que completarán a súa formación no eido da música tradicional. Este curso está pensado tanto para aquelas persoas que queiran iniciarse nestes instrumentos como para as que xa teñen uns coñecementos básicos, entre eles os alumnos que asistiron ás dúas edicións anteriores deste curso, que se impartiron ao longo do 2010.

O profesor é fillo do coñecido gaiteiro de Catoira, Agustín Lorenzo Loroño, fundador de Brisas do Ulla.

Fuente: La Voz de Galicia

0 comentarios