Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Nenos e mozos de entre 7 e 18 anos poderán aprender bailes deportivos e de salón nun novo curso

Nenos e mozos de entre 7 e 18 anos poderán aprender bailes deportivos e de salón nun novo curso

A Concellería de Cultura en colaboración co club de baile deportivo Al Compás, de Vigo, vai poñer en marcha un curso de bailes de salón dirixido a nenos/as e mozos/as de entre 7 e 18 anos. As clases, que comezarán de inmediato, terán lugar os mércores a partir das 19 horas. A duración das mesmas serán de aproximadamente 45 minutos.

As inscricións poderán realizarse a partir do 10 de febreiro na secretaría da concellería de Cultura, ubicada na planta baixa do Auditorio.

Os participantes neste curso aprenderán modalidades coma o chachachá, pasodoble, tango, vals… etcétera, que se ensinarán coma parte da formación dos nenos co obxectivo da suá participación en competicións ou exhibicións. Os alumnos dividiranse en tres grupos de idade: grupo A (entre 7 e 10 anos), grupo B (entre 11 e 14 anos) e grupo C (de 15 a 18 anos).

As clases serán impartidas por Emma López, única entrenadora e xuíz de baile deportivo de Galicia titulada pola International Dancing Sport Federation, e que conta con máis de vinte anos de experiencia neste ámbito. Emma López é tamén a fundadora do Club de Baile Deportivo Al Compás, de Vigo, do que forman parte bailaríns do máis alto nivel nacional.

Exhibición o domingo
A xeito de promoción do baile deportivo e de salón o club Al Compás realizará este domingo, 13 de frebreiro, unha exhibición de baile no Auditorio de Vilagarcía. A actuación terá lugar ás 19 horas e a entrada será libre e de balde.

Nesta actuación participarán arredor de 30 bailaríns, moitos deles da comarca de Arousa, de moi diferentes estilos e idades. Dende os 7 ate os 75 anos. Poderanse ver exhibicións de vals vienés, tango, rumba ou chachachá, “todos eles interpretados sobre cancións actuais e moi coñecidas para o público en xeral”, explica a directora da exhibición e do club de baile Al Compás, Emma López.

Fuente:ivilagarcia.com

0 comentarios