Facebook Twitter Google +1     Admin

Un espectáculo de monicreques pecha a programación infantil para estas datas

20110102102723-1.jpg

A Concellería de Xuventude e Solidariedade pecha o programa de actividades infantís organizadas para estas festas cun espectáculo de títeres que se desenvolverá mañá, 3 de xaneiro, no Auditorio da capital arousá.

A compañía Tarabelos porá en escena dúas obras de Charles Dickens ambientadas na época de Nadal. A representación comezará ás seis da tarde e a entrada é libre e de balde.

Baixo o título “Un Nadal cheo de contos”, a compañía Tarabelos utilizará diversas técnicas de monicreques para representar dúas pezas do escritor Charles Dickens.

A primeira peza leva por título “Canción de Nadal” e para a súa representación utilizaranse títeres de mesa, ilustracións con releves e algunha sorpresa máis que, de seguro, farán as delicias de nenos e adultos.

A segunda obra a representar o luns titúlase “O primeiro día do Nadal” e relata o Nacemento do neno Xesús en Belén.

A posta en escena desta peza será moito máis dinámica e interactiva que a anterior, posto que a representación requirirá a intervención dos nenos e nenas do público.

A Concellería que dirixe a concelleira nacionalista Ana Lorenzo despediu o ano 2010 coa organización da “Festa das Uvas”, á que asistiron milleiros de arousáns, e dará a benvida ao 2011 con este espectáculo que combina o xénero do contacontos coa técnica dos monicreques, moi axeitado para o público infantil e familiar. Unha oferta máis deste departamento municipal.

Fuente: Diario de Arousa

Comentarios » Ir a formulario

anpaopineiro

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.